Temos o instituto con varias exposicións de lecturas recomendadas durante todo o curso. Cada mes máis ou menos imos cambiando os libros para que vos fagades unha idea do material co que contamos na nosa biblioteca e polo tanto de material do que podemos dispoñer.
Por unha banda temos a de LENDO A MARES, con literatura que trata do mar ou novelas que se desenvolven nel.
Como pequena mostra:
Destacamos libros de aventuras clásicas como A illa do tesouro, Moby Dick, 20 000 leguas de viaxe submarino, Capitanes intrépidos, etc. Libros de poesía como Marinero en tierra de Alberti, libros deaventuras ao estilo de Verne como La isla de Bowes de César Mallorquí, Cuentos y leyendas del mar, recopilación feita por Vicente Muñoz Puelles; cómics como os de Tintín ou outros máisactuais como El diablo de los 7 mares. Non podemos esquecernos de libros galegos como Se o vello Sinbad volvese ás illas, De profundis, Acordes náufragos….E tamén libros de ciencias sobre o mar, libros paratodas as idades como Nadarín, etc.
En inglés temos adaptacións dos clásicos , como e ademais temos a colección dos libros Life in the deep blue de Fina Mosquera Roel, 6 libriños que son unha proposta de novedosos materiais alternativos para o Coñecemento do Medio onde están presentes temas transversais como o medio ambiente e o consumo responsable.
Outra das exposicións que temos é a de DESCUBRE A NOSA BIBLIOTECA que está situada xusto en fronte da sala de profesores. Está pensada para toda a comunidade escolar, pero dun xeito especial para os pais e nais. Como a sala de titoría está ao lado do andel, temos bastantes libros de pedagoxía, técnicas de estudo, revistas e libros para todas as idades.
Como pequena mostra:
E por último recordar que na biblioteca hai varios paneis coas NOVIDADES que van chegando.
Vou dividir estas novidades en dous grupos:
Un para os máis xóvenes
coas últimas aventuras de Astérix e Obelix, esta vez cos Pictos, un clásico da literatura xuvenil como O xogo de Ender, …..
e outro para os lectores máis experimentados:
Para os que gusten da novela negra temos Bícame, Frank , de Miguel Anxo Fernández, quinto libro da saga protagonizada polo detective Frank Soutelo, un detective americano de ascendencia galega que nesta obra desenvolve as súas pesquisas polas Rías Baixas. Como amante do xénero negro, recomendo tamén a lectura do primeiro título sobre esta personaxe: Un nicho para Marilyn, que esta vez se desenvolve en América.
Seguindo co xénero negro, temos La verdad sobre el caso Harry Quebert, thriller de moda do xoven escrtor suízo Joël Dicker, e tamén do mesmo xénero pero esta vez en cómic, a versión do primeiro libro da saga Millenium. Saíndo deste xénero pero tamén novidades non só na biblioteca senón tamén en librerías temos os últimos libros de Mario Vargas Llosa, El héroe discreto; de Julia Navarro, Dispara, yo ya estoy muerto; Acordes náufragos do noso admirado Antón Riveiro Coello; Vento e chuvia, libro de mitoloxía galega de Manuel Gago, apoiado ilustracións de Manel Cráneo; Faneca Brava de Manuel Portas; Los Simpson y las matemáticas principalmente recomendado para os amantes desta famosa serie e cun certo nivel no mundo dos números. Pero aínda que nós temos esta pequena mostra de recomendacións, non está de máis recordar que non é tan fácil ler nin ter acceso aos libros segundo onde vivas, e incluso peor se eres muller. Recomendamos a novela Leer Lolita en Teherán de Azar Nafisi, baseada na súa propia experiencia como profesora de literatura inglesa na universidade de Teherán, e tamén a biografía de Malala, exemplo de activista pola educación: “Los talibanes podrían arrebatarnos los bolígrafos y los libros, pero no podrían impedir que nuestras mentes pensaran” “Un libro, un lápiz y una escuela pueden cambiar el mundo”.