Arquivos mensuais: Xuño 2015

No verán segue libriaxando con nós

 

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

recomendacións para o verán 2015

2 Comentarios

Arquivado en Recomendacións

XOGA CON NÓS POLA VIAXE DA LINGUA GALEGA

Para rematar o Maio Cultural saímos ao Parque de San Roque e fixemos unha viaxe pola Lingua Galega organizada polos compañeiros do equipo de Normalización. Todo o alumnado do centro, desde 1º de ESO ata 1º de Bacharelato participou nunhas probas que demostraban os seus coñecementos lingüísticos e tamén as súas capacidades físicas.

Aquí vos deixamos algunha fotos.

Saúdos e ánimo para este remate de curso que xa están chamando ás portas!!!

DSC_0348

DSC_0369

DSC_0379      DSC_0387

DSC_0391

DSC_0416

Deixar un comentario

Arquivado en Sen clasificar

“VIAXE AO PAÍS DA MOURERÍA”. EXPOSICIÓN

“O home precisa, como quen bebe auga, beber soños.”

Álvaro Cunqueiro

“Imaxinación e creación”, Grial, 19633


Esta viaxe comezou “por casualidade”. O alumnado de 3º C , e unha servidora , líamos Arnoia, Arnoia de Méndez Ferrín, cando de  súpeto , buscando a Trabe de Ouro dos Profundos, sentímonos transportados no tempo e no espazo nunha viaxe case sen retorno. Unha viaxe mítica : ao País da Mourería, nada menos.

Alí atopamos de todo :  mouras e mouros, mámoas e antas, serpes, peites dourados, trabes de ouro e tesouros soterrados. Atopamos tamén literatura  oral e escrita , lendas recollidas aquí e acolá, e relatos de autores como Risco, Cunqueiro, Ferrín ou  Raquel Miragaia.



E tamén buscamos ,  como Indiana Jones na procura da arca perdida, o rastro dun santuario precristián en Coirós , Betanzos , recreando plásticamente este incrible petroglifo antropomorfo feminino , máis coñecido como A MOURA DE PENA FURADA.



E aquí vai unha mostra do resultado.

Imos alá.
Só queda sinalar que a maior parte dos textos que aparecen nesta entrada pertencen ao seguinte  documento :

 Rafael Quintiá ; RELATORIO MOUROS E MOURAS , NA PROCURA DE NÓS MESMOS,  publicado  nas actas das  V XORNADAS DE LITERATURA DE TRADICIÓN ORAL .





MOUROS
E MOURAS
Os mouros e as mouras parécense, comparten xeografías míticas, comportamentos e algúns atributos,
pero non son o mesmo. Segundo algúns estudiosos a figura mítica da moura é anterior á dos mouros. Parece claro que a moura conserva trazos que a relacionan con antigas deidades femininas vinculadas á
natureza e/ou ó destino. Pola contra, o mouro é un construto mítico,simbólico, cultural xa que logpara  explicación ó noso pasado e para alicerza-la nosa
identidade construída por oposición ó que eles son representan.

Das fadas de que ouvín falar en Galicia, gardadoras de tesouros, sábese
que as máis son fiadoras, e sempre están nas mañanciñas de cedo, que é
cando mellor se ven, co seu fuso i a súa roca na raiola primeira do sol,
i adoitan cantar cantigas que ninguén, por muitas veces que as escoite,
pode adeprender. (…) A máis da roca e do fuso de ouro, as fadas teñen
sempre un peite do mesmo, co que acostuman a peitearse, e tamén como o
peite das sireas do mar, ó pasar polo cabelo fai música, i escoitase á
mañanciña o doce son, un xílgaro trinador. Tamén se fala muito de
espellos de ouro, e iso en todas partes. En Irlanda os xigantes tiñan
tosos un espello de ouro, e tamén as fadas i as “sighe”, as bruxas
.(…)

Do que sei das fadas galegas é que son seres dunha leda infantilidá, i
os tesouros que gardan dános as máis das veces porque ben lles peta a un
que non se sabe por qué lles caeu gracioso”.

Álvaro Cunqueiro; Tesouros novos e vellos; Galaxia

TESOUROS
A. CUNQUEIRO; Discurso de Ingreso na
Real Academia Galega
A miña idea pirmeira é que un tesouro é coma unha persoa viva, coa súa memoria
i a súa vontade. Eu non sei si é certo o que lín en lady Gregory de que houbo
un tempo en que tódolos tesouros do mundo eran dun soio home e que ístes,
cansos dil, fuxiron i escondéronse nuns lados i en outros, e pra non ser atopados
pagáronlles ós magos do país pra que os encantesen. O fío da vida do tesouro pende de que se desfaga iste encanto ou non. Si se desfái, o tesouro
deixa de sélo e convírtese en ouro propio, i o que o desfixo pódeo levar prá casa. Téñense dado casos de tesouros que pasaron de ouro a cinza, é decir, que desveado o segredo que os defendía, morreron.
(…)
Hai tesouros que tódolos anos teñen que xantar e beber algo. Eu teño oudido dun tesouro no Valedouro que estaba gardado por un enano que gastaba pucha colorada, i o enano tiña que manter ó tesouro con sangue de ovella, aínda que noutro tempo o mantiña con sangue de
home, co cal estaba sempre relucinte. Os do país cansáronse de darlle ovellas ó enano, que non llas quería
pagar, i un de Budián que sabía lér i escribir puxo nun papel selado que se negaban a aquela renda, i o enano ó lélo tívose que conformar porque a negativa iba por escrito e levaba unha firma. O enano
marchóu do país co tesouro, pro esquecéuselle unha tixela de ouro, que a repartiron en tres os veciños.
(…)
O máis do tempo os tesouros pásano durmindo, confiados na garda que teñen e no encanto. Que os tesouros cando durmen roncan, séino por unha historia dun de Chacín, na terra de Miranda, quen se fixo amigo
dun mouro que gardaba un tesouro nun castro, e cando chovía o mouro sacaba paraugas.
O mouro, que era pequenecho e vestía de colorado, baixaba ó prado i axudaba a segar na herba i a subíla ás angarellas do burro. Rematóu confesándolle ó de Chacín que era gardador dun grande tesouro que estaba nunha cova, no castro, e que andaba algo libre porque o tesouro pasaba sete anos durmindo. O de Chacín pidíulle ó mouro
que lle deixase ollar o tesouro, i o gardador, mui rogado, consentíu. Eran sete fogazas de ouro, unhas derriba de outras, i a do cumio tiña boca, por onde alentaba e roncaba. Arredor do tesouro había ósos humáns. Os ronquidos do tesouro eran fortes e seguidos. O de Chacín asustóuse, pro o mouro díxolle que non tivese medo, que ó tesouro somentes o espertaban sete palabras. I o propio mouro xa se tiña
esquencido  elas. Pro íste é outro ponto.
(…)
As
moedas dos tesouros son de outros tempos e muitas veces non se
coñecen
os
coroados que veñen en elas, aínda que os paisanos falan moito de
onzas e
meias
onzas. Pode ser que os mouros, ou os enanos, ou quen seña, cambeen
as
moedas
dos tesouros i as poñan de curso legal −o que levaría a atopar
tesouros
de
papel moeda, que é cousa que non imaxina ninguén que crea en
tesouros,
que
consisten esencialmente en ouro. Perguntando eu a ún que sabía
moito de
tesouros,
i hastra se decía que atopara ún, como sendo os tesouros do tempo
dos
mouros −ou como lle había dito Lence-Santar, do tempo dos celtas−,
había
neles onzas de Calros III, rañóu na cachola, e díxome que quizaves
os que
esconderon
os tesouros faguían moeda falsa, pensando nos tempos que iban a
vir.
Ben, non podía chamárselle falsa porque estaba feita con ouro de
lei, pro
trincábana
cos reises que faltaban por reinar…
¿El
cómo sabían que viña Calros III e tiña aquela cara?,
pergunteille.
¿E
logo as profecías?, respondéume.
I
eu tiven que calar
(…)
Sábese
que hai tesouros que están compostos de mesas, sillas, camas i
armarios de ouro, pro dístes non se sabe que fose atopado ningún.
Da cidade de Valverde, que está asolagada na lagoa de Cospeito,
dícese que a casa do rei ten o tellado de ouro, e que a riqueza dos
Verdes, que son os señores do pazo de Sistallo, ven toda de ter
tirado do fondo da lagoa unhas cantas tellas. Tamén
hai
unha cova no Incio que ten as escadeiras de ouro pra baixar ó fondo,
i o que atope a cova e saque as escadeiras, ten que pór outras de
pedra no seu canto. A cova é mui grande e ten unha saída ós baños
de Lugo.
(…)
Góstame
imaxinar que nos outos castros hai aínda muito ouro escusado, e
tellados de ouro nas cidades asolagadas, e tesouros que falan, e
moreas de riqueza gardadas por fadas, mouros, enanos… Cada ano algo
de ouro vello aparez na tona da terra, i entón naquela aldea
acéndese a imaxinación das xentes e saen a relucir raras e
prodixiosas historias, que en conxunto fan un tratado
compreto
do trato respeitoso que o home debe de ter con ise gran misterio que
é o ouro, e revelan a capacidade fantástica da xente galega, que é
moita. Eu participo dise asombro, e quero crér en todo o que se cré
e non se ve. Xa dixen denantes o que me gustaría ver na coroa do
castro de Riotorto saír ó enano coa súa pucha colorada a tocar,
vespertino, o sonoro corno. Si non houbese saído
algunha
vez verdadeiramentes, non se sabería que o había alí, gardador de
brilante ouro. Namentras a xente nosa fala do ouro escondido, é que
estará viva en nós ledicia imaxinativa, e seremos aínda máis
ricos por soñar con tesouros que tendo tódolos tesouros do mundo
nunha arca gardada. Valen máis escondidos.
Vai
ún por un camiño, nos doces mediodías de outono, e choviña e
parez que naquela miranda veciña brila algo entre a herba, i ún
párase e soña cunha fada que ten na súa man un peite de ouro. Isto
non fai dano a ninguén. Na aspereza da vida cotián, soñar é
necesario, e perder o tesouro dos ensoños é perder o meirande dos
tesouros do mundo. Cando eu escoito nalgunha aldea nosa falar
de
tesouros, coido que na nosa pobreza aínda somos ricos

Traballo realizado polo alumnado de 3º C de ESO  do IES Leliadoura e
coordinado polo profesor de plástica,  Lolo Garrido e pola profesora de
Ámbito Sociolingüístico, Mónica Montero.

EXPOSICIÓN NA BIBLIOTECA DO IES LELIADOURA do 7 ao 22 de maio de 2015.

IES
LELIADOURA. PRIMAVERA CULTURAL. Curso 2014/15
No mes de setembro
de 2011 saltou á prensa o descubrimento dun relevo dunha muller
realizado por Antón Fernández Malde a principios dos noventa do pasado
século, achado que publicara no Anuario Brigantino no 1993 e no
que xa abría a posibilidade de que o conxunto se tratara dun santuario
no que destaca a figura dunha muller espida que mostra un
desproporcionado sexo e coñecida dende vello polos veciños co nome de A
Moura. Despois dunha primeira intervención, revelouse que non se trata
dun tema illado, senón que forma parte dun complexo santuario datado
entre os últimos séculos antes de Cristo e os primeiros da era cristiana
que nos amosa o sistema simbólico e relixioso dos pobos galaicos, antes
e durante a romanización. Ata o de agora, o coñecemento sobre estes
pobos limitábase case ás aras romanas pero non abundan as
representacións figurativas dos seus deuses nin este tipo de estruturas
arqueitectónicas. Unha das novidades é o control sobre a incidencia que a
luz solar ten no conxunto e as conexións astrais que plantexa. A figura
da Moura é probablemente unha deusa da fertilidade, ubicada nun podio,
na parte máis elevada do complexo, que se amosa con toda claridade cara
ao mediodía, en contraste co outro antropomorfo, pode que masculino, que
é máis visible cara o ocaso. Segundo Malde non é unha casualidade que a
vulva do baixorrelevo sexa irradiada polo sol na súa máxima intensidade
durante o equinoccio de primavera, momento do ano ancestralmente
celebrado por festas e rituais, nin que a estrutura xeral do santuario,
que se desenvolve nun eixo norte-sur, estea orientada ao oeste,
relacionado co mundo do Máis Alá. Detrás do podio construíuse un pequeno
habitáculo, a modo de balcón con vista ao Monte do Gato. Unha das
cuestións a dilucidar é ata cando se utilizou o recinto. O investigador
cre que xa coa cristianización consolidada continuou a ser un referente
para os habitantes do lugar. De feito, a igrexa de Santa María de Lesa, a
menos dun quilómetro, está adicada a unha mártir galaico-romana con
reminiscencias de A Moura, xa que se lle atribúe unha extraordinaria
fecundidade, ao ter parido nove fillos á vez.

 

 

CONCURSO
“VIAXE AO PAÍS DA MOURARÍA”
Nome:
Curso:
Deberás
contestar correctamente ao maior número de preguntas . Para isto
consultarás á información que proporcionamos na exposición ,
pero tamén deberás manexar a bibliografía que poñemos a túa
disposición nesta mostra. Gañara o “tesouro” aquel ou aquela
que responda correctamente a tódalas preguntas. En caso de empate
haberá un sorteo entre os gañadores/as.
1ª)
Que é un mito para ti?
2ª)
Escoitaras falar das mouras e mouros antes de agora? Que entendías
por mourería?
3ª)
Pregunta aos teus maiores (familiares, veciños…) se coñecen
algunha lenda de mouras/os. Se é así escríbea e tráinola. Deberás
grapala e adxuntala a este cuestionario.
4ª)
En Galicia existen un gran número de topónimos relacionados coa
mourindade. Escribe o nome de sete deles e indica a súa localización
xeográfica.Que entendemos polo tempo da mouraría?
5ª)
Hipóteses sobre a etimoloxía da palabra mouro/a.
6ª)
Desde cando temos constancia escrita da crenza tradicional nos mouros
? Indica o autor , a obra e o século.
7ª)
E das mouras?
8ª)
Son o mesmo MOUROS e MOURAS? Cal dos dous mitos parece máis antigo?
9ª)
Que son os mouros?
10ª)
Que son as mouras?

11ª)
Cales son os obxectos dos que adoitan acompañarse as mouras?

12ª)
Como describe Vicente Risco á moura na Trabe de ouro e outros
contos.
13ª)
Como describe Cunqueiro as mouras galegas?
14ª)
Escribe o nome de tres autores galegos que utilizaron as lendas de
mouros e mouras nas súas obras?
15ª)
Que é a trabe de ouro? E a trabe de alquitrán?
16ª)
Que gardan os mouros e onde o gardan?
17ª)
Que outro nome reciben os tesouros segundo Álvaro Cunqueiro?
18ª)
Cunqueiro fala extensamente dos tesouros nun famoso discurso. Cal?
19ª)
Hai un día no ano en que as mouras gostan de aparecerse e poñer os
seus tesouros a asollar. Que día?
20ª)
Localización xeográfica do petroglifo de Pedra Furada.
21ª)
Alonso Romero manexa a hipótese de que a moura data da Idade Media.
Con que esculturas a relaciona?
22ª)
Que eran as sheelas-na-gigs?
23ª)
Os arqueólogos que traballaron no xacemento de Pedra Furada conclúen
que se trataba dun……………………..adicado á
deusa……………….
24ª)
Que relación hai entre as mouras e as serpes?
25ª)
Que relación existe entre as mouras e os megálitos?

Deixar un comentario

Arquivado en Sen clasificar

XA TEMOS GAÑADORA do Concurso “Viaxe ao país da Mourería”

A gañadora do tesouro é ….

Ruth Castro González de 1º A de ESO.

Moitas grazas a todas e todos por participar.

Deixar un comentario

Arquivado en Sen clasificar