Arquivo por autores: Biblioteca Leliadoura

Acerca de Biblioteca Leliadoura

Equipo da Biblioteca do IES Leliadoura (Ribeira)

NOVO CARTEL NA BIBLIO

Ola a tod@s!

Xa temos o novo tótem que informa sobre as actividades e organización do espazo da biblioteca. Se pasastes pola biblio seguro que xa o vistes, pero se aínda non tivestes tempo non te preocupes…aquí o tes

De calquera xeito pasádevos pola biblio que ides atopar esta e moitas outras cousas interesantes.

Agardámosvos!!!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

1 comentario

Arquivado en Sen clasificar

Celebramos a paz

dav

dav

dav

Deixar un comentario

Arquivado en Sen clasificar

30 DE XANEIRO DÍA DA PAZ

Ola!

Xa estamos de volta tralas vacacións de Nadal e coma todos os anos comezamos a preparar as actividades para conmemorar o Día da Paz.

Este curso decidimos facer dúas actividades distintas:

  • Montar un mural nas paredes dos corredores do insti con siluetas de mans e mensaxes alusivas á paz.
  • Proxectar películas relacionadas co tema.

Deixámosvos aquí o programa das proxeccións por se queredes ver algunha das pelis, no caso de que non vos toque a asistir ese.

DÍA

HORA

GRUPOS

PELÍCULA

29 DE XANEIRO 8:50 A 10:30 1º BACH.E 4º ESO ADEUS RAPACES
10:50 A 12:30 3º ESO E FPB A TUMBA DOS VAGALUMES
30 DE XANEIRO 8:50 A 10:30 1º ESO A VIDA DE CALABACÍN
10:50 A 12:30 2º ESO A TUMBA DOS VAGALUMES

Deixar un comentario

Arquivado en Sen clasificar

A biblioteca nas actividades do 25 de Novembro

Ola de novo!

O pasado 25 de novembro celebrouse o Día internacional contra a violencia de xénero. Desde a biblioteca impulsamos a elaboración de carteis alusivos ao tema. podédelos ver nos corredores do centro, pero por se aínda non vos fixastes neles aquí os tedes.

Deixar un comentario

Arquivado en Sen clasificar

NOVOS CARTEIS

Ola a tod@s!

Como vos dixemos este curso o proxecto da Biblioteca xira ao redor da MODA: Mola/moda cos/nos libros.

En debuxo artístico algunhas alumnas do centro estiveron deseñando os carteis para anunciar este proxecto. Agora xa vos podemos presentar estes magníficos traballos.

Son os traballos de Paula Martínez e de Lucía Puebla.

A ver que vos parecen!

Deixar un comentario

Arquivado en Sen clasificar

XA TEMOS PLAN DE ACTIVIDADES

Ola a tod@s!

A semana pasada adiantabamos cal ía ser o noso proxecto para este curso 2018-2019. Que vos pareceu?

Esperamos que vos gustase!!!

Pois ben, agora toca contarvos como imos distribuír as actividades do proxecto ao longo destes vindeiros meses.

No 1º trimestre imos tratar sobre a evolución da moda ao longo da historia e nas distintas culturas do mundo.

No 2º trimestre imos tratar o modo do consumo/consumismo.

Nos derradeiros tres meses o centro de atención van ser as tribus e as súas modas.

Ata aquí a información por hoxe. Seguirémosvos informando de todo o que vaiamos facendo. estade atent@s que van ser actividades moi chulas e interesantes.

Xa sabedes, se tedes algunha idea e/ou proposta para este proxecto pasade pola biblio e contadenola!!!

 

Deixar un comentario

Arquivado en Sen clasificar

XA ESTÁ AQUÍ O NOVO PROXECTO 2018-2019

Ola a tod@s!

Comezamos este novo curso e botamos a andar o noso proxecto para este ano.

Despois de estudar moitas opcións decidimos que este curso a biblioteca do Leliadoura ía centrar as súas actividades ao redor do mundo da moda, ou mellor dito “da moda do mundo”, que aínda que pode resultar parecido non é o mesmo.

Así que queremos presentarvos este novo proxecto:

MOD/L   C/NOS    LIBROS

Xa vos iremos informando das actividades que vaiamos a facer e decontado presentaremos o novo cartel.

Seguide pendentes das novas!!!

Deixar un comentario

Arquivado en Sen clasificar