Arquivos mensuais: Abril 2011

Primavera cultural

Á volta de vacacións de Semana Santa e aproveitando a celebración do Día do Libro, estase a realizar unha quincena cultural.

Contamos en todos estes días cunha exposición na aula de usos múltiples sobre Julio Cortázar, a súa obra e As Historias de Cronopios en particular, como a Exposición de Traballos das Escolas de Educación Infantil da Pobra do Caramiñal, realizada o curso pasado coa coordinación da profesora Mónica P. Montero, que tamén presenta parte da súa obra: os cronopios mariños. Estamos a falar entón de obras realizadas por nenos e nenas de 3 a 5 anos aos que se  lle deixou que mostraran a súa sensibilidade innata e o gusto pola cor sen ningún tipo de prexuízo.

Tamén hai unha pequena  mostra de arte vangardista tanto na literatura como no arte plástico.

Tamén estanse a realizar múltiples actividades onde participa parte do alumnado representando algún bocado dalgunha obra teatral moi coñecida como Don Juan Tenorio, Carapuchiña Vermella con guiñol, unha adaptación teatral da Vida de Hérculas, Alicia no País das Marabillas, pero facendo destas versión moi persoais. Alumnado do primeiro ciclo de ESO fixeron recitado de poemas.

Gran parte do profesorado, alumnado e resto da comunidade educativa participamos na lectura de El Quijote, coa cal se fixo un vídeo que se está a proxectar co canón que temos na entrada do centro.

Temos tamén unha instalación “ A Torre de Libros” que consta dunha montaxe de libros ao redor da columna máxica da entrada (chámolle así porque adáptase a calquera actividade que esteamos a facer) con proxección (cando non está a lectura do Quijote) dun pequeno vídeo realizado con stop motion dunha montaxe parecida cos mesmos libros pero noutra ocasión.

Caben destacar tamén os postos de libros que hai na entrada separados por estilos.

Contamos coa presenza de dous  autores a dar unha charla sobre a súa obra. Comezou Antón Riveiro Coello o pasado mércores co alumnado de bacharelato e está previsto que acuda tamén Carlos Mosteiro a vindeira semana.

Ao mesmo tempo estábase a realizar unha gimkana no Parque de San Roque co alumnado de 1º e 2º de ESO. O resto do alumnado de ESO o fará o vindeiro mércores.

Pensamos rematar a Quincena Cultural cun acto poético musical a cargo de alumnado e profesorado.

Todos estes actos de representacións, lecturas  e charlas teñen lugar na Biblioteca.

Esperamos que vos gusten e deixedes algún comentario ao respecto.

Por certo, xa sabedes o que é un cronopio?

Deixar un comentario

Arquivado en Actividades

I Concurso Galeoke

A música que levas dentro!Galeoke

Pois no Leliadoura queremos que a saques fóra e demostres as túas habilidades co micrófono.
O Equipo de Normalización convoca un concurso de Galeoke (o karaoke con cancións galegas). Será do 9 ao 13 de maio e deberás apuntarte antes.
E se non sabes as cancións non tes escusas.
No blog Impinxidela tes unha lista das cancións e dos vídeos que podes reproducir as veces que queiras.
Anímate e participa!

2 Comentarios

Arquivado en Actividades, Audiovisual, Concursos

Reunión do Club de Lectura do mes de abril

O próximo xoves 28 de abril, ás 20:30 na sede do Ateneo Valle-Inclán (Bar Plaza), teremos a próxima reunión do Club de Lectura común (como eu  o denomino neste blog para non confundir co Leriadouro).

A obra que imos comentar é ESPEJOS de Eduardo Galeano

Galeano nesta obra  revisa a historia da humanidade ata hoxe, e faino desde a óptica dos feitos e das persoas menos coñecidas, dos que non figuran nos diarios nin nas fotos.Como di o subtítulo do libro, trátase dunha historia case universal, dun inventario xeral do mundo que aparece iluminado por este escritor capaz de enlazar o cotián, o poderoso e a denuncia co máis sinxelo, co humor ou coa máis exquisita ironía.

Algúns textos:

El río y los peces

Un viejo proverbio dice que enseñar a pescar es mejor que dar pescado.

El obispo Pedro Casaldáliga, que vive en la región amazónica, dice que sí, que eso está muy bien, muy buena idea, pero ¿qué pasa si alguien compra el río, que era de todos, y nos prohíbe pescar? ¿O si el río se envenena, y envenena a sus peces, por los desperdicios tóxicos que le echan?

O sea: ¿qué pasa si pasa lo que está pasando?

El río y los ciervos

El más antiguo tratado de educación fue obra de una mujer.

Dhouda de Gasconia escribió el «Manual para mi hijo», en latín, a principios del siglo nueve.

Ella no imponía nada. Sugería, aconsejaba, mostraba. En una de sus páginas nos invitó a aprender de los ciervos, que atraviesan los ríos anchos nadando en fila, uno atrás del otro, con la cabeza y el cuello apoyados en el lomo del ciervo que los precede; unos a otros se sostienen y así pueden atravesar el río con mayor facilidad. Y son tan inteligentes y sagaces que cuando se dan cuenta de que el primero está cansado, lo hacen pasar al último puesto y otro toma la delantera.

Los brazos del tren

Los trenes de Bombay, que transportan seis millones de pasajeros por día, violan las leyes de la física: en ellos entran muchos más pasajeros que los pasajeros que en ellos caben.

Suketu Mehta, que sabe de esos viajes imposibles, cuenta que cuando ya ha partido cada tren repletísimo, hay gente que lo persigue corriendo. Quien pierde el tren, pierde el empleo.

Y entonces, de los vagones brotan brazos, brazos que salen por las ventanillas o cuelgan desde los techos, y ayudan a trepar a los rezagados. Y esos brazos del tren no preguntan al que viene corriendo si es extranjero o nacido aquí, ni le preguntan qué lengua habla, ni si cree en Brahma o en Alá, en Buda o en Jesús, ni le preguntan a qué casta pertenece, o si es de casta maldita, o de ninguna casta.

Deixar un comentario

Arquivado en Club de lectura 2016-2017

Taller TIC

O Taller TIC é un traballo que, dende hai máis dun mes, levan a cabo os alumnos de 1º curso do Ciclo Superior de Administración de Sistemas Informáticos en Rede (ASIR) do IES Leliadoura, e que agora queremos presentarvos.Estamos afeitos a unha imaxe externa das computadoras que usamos nas nosas casas, no colexio, etc… e  posiblemente poucos tiveron a oportunidade de ver os compoñentes que as forman.
Para iso, os alumnos de ASIR despezaron os ordenadores e clasificaron o material de xeito que se poda observar o interior desta máquina tan común para todos dun xeito diferente e quizáis descoñecido para moitos.
Na apartado da exposición pódense atopar vellos discos duros, fontes de alimentación, disqueteiras, lectoras, placas base, tarxetas e todo tipo de compoñentes que forman parte dos equipos informáticos.

Consulta o programa das visitas! (Taller TIC – Programa)

Bótalle un ollo ao vídeo resumo das primeiras experiencias:

Seguir lendo

2 Comentarios

Arquivado en Actividades, TIC

Videoguit do Entroido

Este xoves 7 de abril retomamos as proxeccións do recreo na biblioteca cunha estrea moi especial.

Por fin está dispoñible o video resumo do Festival de Entroido que o IES Leliadoura levou a cabo o 4 de marzo no Auditorio de Ribeira. A música elexida para a montaxe é o tema Desexos do grupo galego NAO, e nas imaxes podedes ver un repaso dos mellores momentos do festival, incluindo aos presentadores, actuacións musicais, contadores de chistes, monólogos, bailes e coreografías e por suposto o consabido desfile de disfraces.

Sen máis deixámosvos có vídeo:

Seguir lendo

3 Comentarios

Arquivado en Actividades, Audiovisual, Vídeos

Certame Literario “A Caramiña”

Desde o IES da Pobra do Caramiñal convócase o Certame Literario “A Caramiña” de relatos curtos de intriga. Vai dirixido ao alumnado da comarca da Barbanza que neste curso 2010/2011 participe do Ensino Secundario Obrigatorio e Postobrigatorio. O prazo remata o 11 de maio.

Deixar un comentario

Arquivado en Concursos