O próximo xoves 23 de febreiro na reunión do club de lectura que temos en común, comentaremos o libro As fiandeiras de Antonio Piñeiro, home polifacético que tamén é profesor de historia no IES nº 1 (estivo uns anos tamén no noso centro)
Antonio Piñeiro xa gañou 26 premios escribindo nos xéneros: prosa, poesía, e incluso ensaio. De feito, o pasado mes de maio gañou o Avilés de Taramancos con A dama fulxente, e no mesmo ano en Navarra tamén recibiu o Premio Poesía Ángel Urrutia, convocado polo Concello de Lekunberri con Niños en la lluvia. Para o premio García Barros de A Estrada escribiu unha historia que transcorre na metade do século XIX (na época da Primeira República) na comarca de Tabeirós-Deza, onde as mulleres fiandeiras deciden rebelarse contra a fábrica que vende o fío.
No argumento desenrólase tamén un paralelismo coa deusa Minerva e a fábula de Aracné, onde a mortal enfróntase coa deusa.
É, ademais, e en opinión do xurado que a votou, “unha novela intensa, que invita a reflexionar sobre o poder, o xénero, a educación ou os avances do progreso, e que está escrito cunha prosa moi plástica e cinematográfica”.