Que tal vos foi na noite do Samaín?
Seguro que tedes algo terrorífico que contar
Nós tamén. Non ía ser menos.
Coma todos os anos organizamos actividades para conmemorar estas datas tan terrorificamente especiais.
Na biblio fixemos unha exposición de libros e contos de medo. Por alí andan Stephen King, Allan Poe, Lovecraft e moitos outros. Se non a vistes aínda podedes achegarvos estes días. Iso si, só para os máis valentes!!!!
Ademais, xunto co equip de Normalización, montamos na entrada principal unha exposición coas cabazas feitas polo alumnado que quixo sumarse a este “concurso” para ver que facía a máis terrorificamente orixinal.
Por se alguén non as viu aquí vos deixamos fotos de todo.
Ídelo pasar de medo véndoas!!!