Arquivos mensuais: Setembro 2010

TRES SOMBRAS de Cyril Pedrosa

Foi un dous cómics merecedores dos Premios Esenciais de Angoulême en 2008.
Facéndose cargo de guión e debuxo, Cyril Pedrosa sorpréndenos cun relato de máis de 250 páxinas que nos conduce a través dunha historia cando menos sorprendente. Tocando distintos estilos gráficos segundo as necesidades narrativas, que chegan a variar o deseño gráfico dun mesmo personaxe conforme ao momento dramático que se nos conta, xogando coas emocións do lector, facendo deste libro un tour de force en todos os sentidos.

O que nas primeiras páxinas é a historia feliz dunha familia, pai, nai e fillo, que viven en harmonía, totalmente alleos ás penurias do mundo que lles rodea, pronto se converte nun relato máis escuro debido á entrada en xogo das 3 sombras do título. Da calma, case sen previo aviso, vémonos inmersos nunha fuxida do inevitable, na que pai e fillo intentan escapar do seu destino, pasando dese mundo de tranquilidade a un mundo de incerteza, onde nada é o que parece, afastado da realidade e preto do fantástico.

Reunión para comentar o libro no Ateneo Valle-Inclán (Bar Plaza) o xoves 16 de decembro ás 20:30.

Deixar un comentario

Arquivado en Club de lectura 2016-2017

A ESFINXE DE AMARANTO de Antón Riveiro Coello

Inesquecible polos seus personaxes, subxugante pola trama, maxistral pola sabia utilización dos recursos da narración, A esfinxe de amaranto vai descubrindo pouco a pouco ante o lector os segredos e as intrigas que, agochados de xeración en xeración, conforman a historia dunha estirpe con orixes no Oriente e na nosa raia seca. A novela preséntanos un extraordinario abano de personaxes creados coa materia viva da verdade. Desde a figura case mítica do fundador da familia, un portugués cun escuro pasado na colonia chinesa de Macau, ata Rosa, herdeira dos saberes culinarios transmitidos de xeración en xeración, a Verónica, última representante dunha saga de mulleres que loitan con todas as súas forzas por sobrevivir sen renegar da súa propia personalidade .
A través deses personaxes irnos participar nunha historia que comeza na actualidade, a carón das dunas de Corrubedo, na marabillosa paisaxe da praia do Vilar. Antón Riveiro Coello sitúa nunha noite, e na que ha ser unha última cea, o núcleo a partir do cal irnos ir descubrindo a verdadeira historia. Inesquecible e emocionante procura no tempo e nas paixóns, “A esfinxe de amaranto” afonda nas raigames perdidas da vergonza e do remorso. Cunha prosa coidada, transparente e viva que consegue transmitir ao lector o alento dese pasado case mítico para constatar a conmoción reparadora da memoria.

Reunión para comentar o libro no Ateneo Valle-Inclán (Bar Plaza) o xoves 25 de novembro ás 20:30.

Deixar un comentario

Arquivado en Club de lectura 2016-2017

EL TIEMPO ENTRE COSTURAS de María Dueñas

EL TIEMPO ENTRE COSTURAS é a historia de Sira Quiroga, unha xoven modista empuxada polo destino cara a un arriscado compromiso no que os patróns e as teas do seu oficio converteranse na fachada de algo moito máis turbio e transcendente.

Baixo esta trama esquemática técense múltiples lecturas transversais que a converten a un tempo nunha novela de superación persoal, unha novela colonial, unha novela de amor, unha novela de conspiracións históricas e políticas, e unha novela de espías. Unha novela de ritmo imparable cargada de encontros e desencontros, de identidades encubertas e quiebros inesperados; de tenrura, traizóns e anxos caídos.

Reunión para comentar o libro no Ateneo Valle-Inclán (Bar Plaza) o xoves 21 de outubro ás 20:30.

Deixar un comentario

Arquivado en Club de lectura 2016-2017

PROGRAMACIÓN CLUB DE LECTURA PARA O PRIMEIRO TRIMESTRE

No presente curso 2010-11, continuaremos co Club de lectura que temos organizado en común cos outos dous institutos de Ribeira e a súa ANPAs, pero contando coa participación de todas aquela persoas que lles apeteza vir aínda sendo alleas a estes grupos. Cabe destacar que hai bastante xente nesta situación e que as idades de todos nós é moi dispar, o cal fai que as charlas sexan máis enriquecedoras.

No verán seguiu funcionando coas lecturas dos libros:  Fin de século en Palestina de Miguel Anxo Murado no  mes de xullo,  e Platón y un ornitorrinco entran en un bar de Thomas Cathcart e Daniel Klein no mes de agosto.

No mes de setembro demos comenzo ao curso cunha lectura de poemas. Cada un de nós escollemos dous e logo de comentar o porqué da nosa elección demos lugar á súa lectura. Foi unha xornada especialmente bonita tanto pola elección dos poemas en si coma pola atmosfera que se creou.

Léronse poemas de Miguel Hernández, Rosalía de Castro, Gil de Biezma, Bécquer, Celso Emilio Ferreiro, Kavafis, Curros Enríquez, Pedro Salinas …, e de algún autor menos coñecido coma Víctor Campio Pereira, pero dunha calidade extraordinaria.

As lectura para este trimestre son:  La vida entre costuras de María Dueñas para o xoves 21 de outubro;  A esfinxe de amaranto de Antón Riveiro Coello, para o xoves 25 de novembro;  e o cómic Tres sombras de  Cyril Pedrosa para o xoves 16 de decembro.

Todas as reunións serán no piso de arriba do Bar Plaza  (sede do Ateneo Valle-Inclán) ás 20:30.

Deixar un comentario

Arquivado en Club de lectura 2016-2017

Recomendacións veraniegas

PARA  OS MÁIS NOVOS

AS COUSAS DE BERTA   Roger Collinson

Berta é unha  nena rebelde e bastante fedello  que leva aos seus pais de cabeza, e raro é o día que non comete unha trasnada. Desde o seu cuarto ao xardín, non hai espazo que se salve dela; pero nada será comparable ao que lle espera á familia cando a televisión vén gravar á súa irmá para un programa de gran audiencia.

EN BUSCA DE LAS VOCES PERDIDAS Jordi Sierra i Fabra

O reino de Anihabarad acata unha orde de duelo e silencio que debe durar cen anos. Un novo Rei pide aos seus fillos que percorran o mundo en busca dos sons máis preciosos. Ademais, o monarca supón que o seu pobo aprenderá a escribir, polo que elixe a Alphabet para inventar os símbolos correspondentes a cada son.

ESCENARIOS FANTÁSTICOS Joan Manuel Gisbert

O mago Demetrius Iatopec, tras moito traballo, conseguiu crear o parque de atraccións Arco Iris. Pero un antigo inimigo intentará desbaratar os seus plans e arruinar o seu soño, destruíndo o parque antes da inauguración. Nel hai máquinas de construír contos, aspiradores de espellismos, tobogáns que chegan ao centro da Terra…

OS MEGATOXOS son catro mozos e mozas: Ninfa, Faísca, Lúa e Ruxe que teñen que compatibilizar as clases no instituto, cunha dobre vida que os impulsa a viaxar polo tempo en busca dunha cura a súa mutación xenética. Azar? Destino? Ou un plan do misterioso M.P.

E todo isto sae da cabeza do seu autor Anxo Fariña, que ademais de escribir, ilustra esta colección de libros.

LA MONTAÑA MÁGICA Jiro Taniguchi

Kenichi, un neno de once anos, tivo que vivir, xunto á súa irmá pequena Sakiko, cos seus avós maternos cando a nai de ambos tivo que ser ingresada para ser operada dunha grave enfermidade. Coa axuda dunha salamántiga que vivía no Museo de Ciencias Naturais do e o poder que residía no interior da Gran Montaña, tratarán de resolver o seu grande problema.

THE GHOST TEACHER, by Julie Hart.

A mysterious teacher arrives and strange things start to happen…

THE EVIL PAINTING, by Julie Hart.

A new painting has an evil influence on Claire and Philip’s mother. They have to destroy it, but it is not easy…

Beginner ( Principiantes)

CHAMÁDEME SIMBAD Francisco Castro Veloso

O avó fai cousas raras. Esquécese de todo. Cámbialle o nome a todo o mundo. Incluso ao seu neto. Que se chama Paulo, pero que para o avó é Simbad o Mariñeiro.

Paulo, ou Simbad o Mariñeiro, tanto ten, loitará contra a enfermidade do avó, contra dos adultos e, sobre todo, contra do egoísmo.

EL VALLE DE LOS LOBOS   Laura Gallego

Chamárona Dana e creceu xunto aos seus irmáns e irmás como unha máis. Nunca a trataron de forma especial e, con todo, todos podían ver que ela era diferente. Sigilosa como un gato, apenas falaba. Ata que coñeceu a Kai.  

A triloxía continúa con LA MALDICIÓN DEL MAESTRO e  LA LLAMADA DE LOS MUERTOS


PARA OS NON TAN NOVOS E/OU ATREVIDOS

OS CINCO NARRADORES  DE BAGDAD

Texto: Fabien Velhmann Ilustracións: Frantz Duchazeau

Este cómic de orixe francesa achegará o lector ás peripecias de cinco contadores de historias,  afanados na procura do mellor conto do mundo, para gañar o reto  proposto polo califa de Bagdad e con el, acadar sona e riquezas.

BITELCHÚS película de Tim Burton, director de Alicia en el país de las maravillas, Charlie y la fábrica de chocolate, Eduardo Manostijeras

Un matrimonio de pantasmas (Geena Davis e Alec Baldwin) contrata os servizos de Bitelchus (Michael Keaton), un especialista en asustar mortais, para que escorrente da que foi a súa casa aos novos propietarios.


A AURORA BOREAL Philip Pullman

Estrañas desaparicións. Unha nena moi especial. Un segredo desvelado.  Unha arriscada misión de rescate.  Marabillosos enxeños. Mundos paralelos. Aliados e inimigos…

A trilogía continúa con O COITELO SUTIL e

O ANTEOLLO  DE ÁMBAR


HISTORIA DA RESURRECCIÓN DO PAPAGAIO

Todos choran a morte do papagaio, pero o artesán de Ceará será capaz de modelar toda esa tristeza para facelo renacer máis vistoso, forte e faladeiro . Unha fermosa lenda brasileira contada por Galeano, coa forza expresiva das esculturas de madeira de Antonio Santos que axudan a que os lectores nos conmovamos máis con esta historia rotunda e delicada.

TOO OLD TO ROCK AND ROLL AND OTHER STORIES, by Jan Mark.

 

Three short stories about life, love and friendship seen through teenagers’ eyes.

INTERMEDIATE (NIVEL MEDIO)

COMO TÚ NINGUNO, TIM ORUNO Cómic de Manu Larcenet

A vida non é fácil para o noso amigo: é fillo de inmigrantes, vive nos suburbios dunha gran cidade, os matóns róubanlle constantemente e Edukator faille repetir as faltas de ortografía dos seus grafitis. ¡Así non hai quen se faga rico!

LA PUERTA OSCURA. EL VIAJERO David Lozano

Co Viaxeiro comeza a triloxía de novela gótica de David Lozano, unha epopea contra o mal na que o esquema clásico do xénero fantástico rompe cando é o protagonista humano o que interfire no mundo dos mortos.
Segue con LA PUERTA OSCURA. EL MAL e LA PUERTA OSCURA. RÉQUIEM


UNHA ESTRELA NO VENTO Ledicia Costas

É a historia de Miguel Foz, un estudante dun instituto vigués de bacharelato de dezasete anos. Comproba como o seu mundo derrúbase dun día para outro; farto do seu pai, da súa profesora de literatura, de toda a xente que o rodea, síntese que é diferente a todos.

PARA OS UN POCO MAIORES

AND ALL FOR LOVE.  CRIME NEVER PAYS. THE EYE OF CHILDHOOD

Three volumes of original  short stories by famous writers, ( Virginia Woolf, James Joyce, Patricia Highsmith, D.H. Lawrence, Agatha Christie,…). They are stories  about love ,about crime and also stories in which the world is seen from the side of the child-adult divide.

ADVANCED (AVANZADO)

A POMBA E O DEGOLADO Fina Casalderrey

A André foron demasiadas cousas ás que non lle sentaron ben nos tres anos que leva no instituto, onde nin sequera podía refuxiarse no aseo para coller alento. Os recreos estaban tomados por Héctor Solla e Raúl Pernas, unha sorte de matóns clandestinos que lle facían a vida imposible a el e a súa compañeira Halima Atif.

PEQUENA MISS SUNSHINE é unha comedia de estrada sobre unha familia americana que rompe calquera molde. A película presenta a unha das familias máis desestructuradas da historia recente do cine: os Hoover, cuxo viaxe a un concurso de beleza preadolescente non só provoca un cómico caos, senón tamén morte e transformación, botando unha conmovedora ollada ás sorprendentes recompensas de ser un perdedor dentro dunha cultura obsesionada coa vitoria.

PREMIOS FESTIVAL OLLOBOI

Un DVD con todas as curtas que se presentaron ao concurso. Entre elas:

Premio Rodaxe: O Doutor

Premio Impinxidela: O Gato con Fame

Premio especial OlloBoi do  Público: Galegando Lipdub


A LEI DAS ÁNIMAS Carlos G. Reigosa

Un caso de características especiais: uns crimes que mobilizan simultaneamente a forza pública e as ánimas da Santa Compaña nunha atmosfera de superstición que enche de verosimilitude toda a trama. O autor desenvolve unha intriga singular que incorpora a tradición popular á novela.

OS EIDOS. O LIBRO DO COUREL

Uxío Novoneyra

 

Courel dos tesos cumes que ollan de lonxe!

Eiquí síntese ben o pouco que é un home…

UN TIPO LISTO Xosé Monteagudo

A novela  iníciase coa morte do director dunha sucursal bancaria de Vigo. A aparición do cadáver leva á descuberta dun desfalco de grandes proporcións. Os dous fillos do presunto autor convértense nos principais sospeitosos dunha complexa trama financeira de repercusións imprevistas. Pero a acción da xustiza é quizais a consecuencia menos grave dunha situación na que a escura personalidade do pai lles revela un inquedante legado ao que teñen que enfrontarse.

ME LLAMO ROJO Orhan Pamuk

Que sucede cando o Sultán turco encarga un libro ilustrado ao xeito europeo?
No Istambul de fnales do século XVI, o Sultán encarga secretamente un gran libro que celebre a súa vida e o seu imperio. Os encargados de iluminar esa obra son os mellores artistas do momento, pero… deberán facelo ao modo europeo. Cando un deses miniaturistas desaparece e nacen as sospeitas de asasinato, o mestre do taller deberá buscar axuda.

ANCHO MAR DE ARGAZO Jean Rhys

Conta a historia de Antoinette, desde que era unha nena na Xamaica de principios do século XIX ata os días derradeiros da Inglaterra vitoriana onde vive internada, aqueixada dunha incurable enfermidade mental.

Unha novela de amplísimas resonancias onde a autora rescata a súa protagonista da obra de Charlotte Brönte, Jane Eyre.


EN EL CAFÉ DE LA JUVENTUD PERDIDA Patrick Modiano

Unha fermosísima novela sobre o poder da memoria e a procura da identidade. París, anos 60. No café Condé reúnense poetas malditos, futuros situacionistas e estudantes fascinados pola bohemia parisiense. E aínda que a nostalxia daqueles anos perdidos parecería ser o tema central da novela, Modiano dálle un xiro sorprendente. Porque esta é tamén unha novela de misterio.

EL SECRETO DE SUS OJOS de  Juan José Campanella con Ricardo Darín, Soledad Villamil,…

Benjamín Espósito, secretario dun Xulgado de Instrución da Cidade de Bos Aires, está a piques de retirarse e decide escribir unha novela baseada nun caso que o conmoveu trinta anos antes, do cal foi testemuña e protagonista. A súa obsesión co brutal asasinato ocorrido en 1975 lévao a revivir aqueles anos, traendo ao presente non só a violencia do crime e do seu perpetrador, senón tamén unha profunda historia de amor.

EL ARTE DE VOLAR

Cómic de Antonio Altarriba con debuxos de Kim

O 4 de maio de 2001 o pai de Antonio Altarriba suicidouse. Dese xeito puña fin a unha vida marcada polo fracaso e a frustración. Do mesmo xeito que outros moitos homes e mulleres do pasado século intentou construír un mundo máis xusto e a Historia deulle as costas, quixo voar coas ás da ilusión e acabou estrelándose.

Deixar un comentario

Arquivado en Recomendacións