Arquivo da categoría: Vídeos

Videoguit do Entroido

Este xoves 7 de abril retomamos as proxeccións do recreo na biblioteca cunha estrea moi especial.

Por fin está dispoñible o video resumo do Festival de Entroido que o IES Leliadoura levou a cabo o 4 de marzo no Auditorio de Ribeira. A música elexida para a montaxe é o tema Desexos do grupo galego NAO, e nas imaxes podedes ver un repaso dos mellores momentos do festival, incluindo aos presentadores, actuacións musicais, contadores de chistes, monólogos, bailes e coreografías e por suposto o consabido desfile de disfraces.

Sen máis deixámosvos có vídeo:

Seguir lendo

3 Comentarios

Arquivado en Actividades, Audiovisual, Vídeos

Rafting no río Ulla

Hoxe, xoves 31 de marzo, alumnos do IES Leliadoura (2º e 3º da ESO e PCPI) participaron nunha actividade de rafting no río Ulla. No descenso do río e, alternando entre rápidos e augas máis tranquilas, houbo chapuzóns, saltos e mesmo abordaxes, pero sobre todo moita diversión. O sol acompañou neste día primaveral e, unha vez fora do río, o grupo parou a comer en Padrón antes de voltar de novo a Ribeira.

Rafting no río Ulla

A actividade, contratada coa empresa Arrepións, foi organizada polo profesor de educación física Manolo Axeitos, ao que acompañaron os tamén profes Alicia Rodríguez, Óscar Núñez e Jeremy Dickinson.

Deixar un comentario

Arquivado en Actividades, Fotos, Vídeos

Darío Xoan Cabana

O escritor galego Darío Xoan Cabana saúda aos rapaces e rapazas do Club de Lectura do IES Leliadoura organizado polo equipo da Biblioteca.

Deixar un comentario

Arquivado en Actividades, Audiovisual, Club de lectura LERIADOURO, Vídeos

Apareceu o poemario perdido!

Unha alumna de AF2 encontra o poemario perdido na Biblioteca do IES LELIADOURA. SAN VALENTÍN obrou o milagro para que se atopase antes do día dos namorados.

Deixar un comentario

Arquivado en Audiovisual, Vídeos

Cooperativismo en Santiago

Hoxe, martes 18 de xaneiro, un autobús con alumnos e alumnas de ciclos formativos do IES Leliadoura saíu con destino Santiago de Compostela para realizar diferentes actividades:

  • Por un lado, alumnado de 2º curso dos Ciclos Superiores de Administración e Finanzas (AF2) e Administración de Sistemas Informáticos (ASI2), acompañados polos profesores Carlos Llanes e Óscar Núñez, visitaron tres cooperativas (Toldos Compostela, Cidadania, Equisol). Nas súas instalacións recibiron explicacións dos socios traballadores sobre cómo xurdiron as ideas, que trámites deberon realizar para constituilas cooperativas, que dificultades se atoparon e cales son as ventaxas e características xerais deste tipo de empresas.
  • Por outra banda, alumnado do Ciclo Medio Xestión Administrativa (XA), acompañados polas profesoras Mónica Montero e Teresa Delgado, tiveron a oportunidade de visitar a Cidade da Cultura, no monte Gaiás, para logo facer un recorrido polo casco vello de Compostela, onde visitaron unha exposición de arte contemporánea na Fundación Caixa Galicia.

Deixámosvos cun vídeo con algunhas imaxes da visita:

Deixar un comentario

Arquivado en Actividades, Vídeos

O alumnado de AF2 tamén axudan a publicitar a nosa biblioteca

GRAZAS!!!

(É só a primeira parte, permanecede atentos ao blog para ver como acaba a historia)

1 comentario

Arquivado en Audiovisual, Club de lectura 2016-2017, Vídeos

Día Internacional contra a violencia de xénero

Deixar un comentario

Arquivado en Vídeos

El río de Marcos

Curta gañadora do ano 2009 na categoría documental do certame audiovisual “NADA SOBRE NÓS SEN NÓS” organizado pola Asociación Ámbar con sede na comarca da Barbanza.

Deixar un comentario

Arquivado en Vídeos

Abre este libro

Deixar un comentario

Arquivado en Vídeos

A memoria da lingua

“Recuperar as historias vivas, as experiencias, os sentimentos, as impresións, as opinións da xente”. A memoria da lingua: “máis de 20 entrevistas a diferentes persoas, de moitas viaxes pola xeografía galega, de reunións, de discursións, de atrancos…”. Realizado por As Candongas do Quirombo

Deixar un comentario

Arquivado en Vídeos