O Taller TIC é un traballo que, dende hai máis dun mes, levan a cabo os alumnos de 1º curso do Ciclo Superior de Administración de Sistemas Informáticos en Rede (ASIR) do IES Leliadoura, e que agora queremos presentarvos.Estamos afeitos a unha imaxe externa das computadoras que usamos nas nosas casas, no colexio, etc… e posiblemente poucos tiveron a oportunidade de ver os compoñentes que as forman.
Para iso, os alumnos de ASIR despezaron os ordenadores e clasificaron o material de xeito que se poda observar o interior desta máquina tan común para todos dun xeito diferente e quizáis descoñecido para moitos.
Na apartado da exposición pódense atopar vellos discos duros, fontes de alimentación, disqueteiras, lectoras, placas base, tarxetas e todo tipo de compoñentes que forman parte dos equipos informáticos.
Consulta o programa das visitas! (Taller TIC – Programa)
Bótalle un ollo ao vídeo resumo das primeiras experiencias:
Así mesmo, os alumnos realizarán unhas visitas guiadas ao taller onde farán unha presentación teórica dos compoñentes dun ordenador, montarán ordenadores de xeito práctico in situ mentres explican o proceso e finalmente, na área de reciclaxe e despeze, falarán da importancia de desbotar os equipos vellos axeitadamente resaltando a cantidade de residuos perigosos que xeneran.
Para rematar, convócase tamén, durante a duración do Taller, un concurso de ideas para a reutilización e reciclaxe destes residuos antes de levalos ao chatarreiro ou ao punto limpo.
Calquera pode participar, xa podes deixarnos un comentario neste artigo coas túas ideas. As propostas que se presenten serán valoradas polos técnicos e a mellor recibirá un premio.
Pois agora que o precio do cobre esta tan alto, poderíase o que leven os cables e así poder gañar un pouco de diñeiro, ou sinon, as pezas que aínda teñan utilidade podenselle dar aos alumnos que as queiran.
Perdon, din mal o meu e-mail: bubi32des@gmail.com