CARNÉS LECTORES

Os nosos leriadouros deseñando os seus carnés lectores:

Velaí unha das creacións

Deixar un comentario

Arquivado en Club de lectura 2016-2017

UNHA DAS NOSAS COMIDAS PREVIAS ÁS SESIÓNS DO CLUBE

Coma temos costume, comemos todos xuntos na biblioteca. Mirade as nosa caras de felicidade! E que dicides dos manteis tan chulos que adornan as nosas mesas?

Rico,rico, con fundamento!

Deixar un comentario

Arquivado en Club de lectura 2016-2017

BENVIDA LERIADOUROS 2016-2017

Un ano máis dámoslles a benvida aos mozos e mozas do noso clube. Achegámosvos as fotos da presentación que tivo lugar na biblioteca do centro.

Deixar un comentario

Arquivado en Club de lectura 2016-2017

BÚSCANSE COLABORADORES PARA O CLUB DE LECTURA

Como xa sabedes, estamos poñendo en marcha o noso club de lectura Leriadouro. ¡Animádemos a colaborar con nós!

Deixar un comentario

Arquivado en Club de lectura 2016-2017

Exposición de traballos sobre emigración

Hoxe, luns 19, abrimos unha exposición sobre a historia da emigración e historias de emigrantes composta por traballos feitos polo alumnado de 3º e 4º de ESO na materia de Xeografía e Historia de sección bilingüe. Son 17 paneis que se poden ver nos corredores do centro, nos que podemos ver información sobre a historia da emigración en España e tamén historias contadas polos emigrantes. Baixo o título de “Emigration History. Emigrants’ stories” podemos achegarnos a realidade que tiveron que vivir, e que teñen que vivir, moitos emigrantes e familiares nosos.

Agardamos que poidades disfrutar deste traballo que se enmarca no proxecto da biblioteca deste curso “Refúxiate nos libros”.

Deixar un comentario

Arquivado en Sen clasificar

CONCURSO “MULLERES”

Para celebrar o Día Internacional da Muller, este 8 de marzo puxemos en marcha un concurso para conmemorar esta data. Nos corredores do centro podedes atopar carteis con retratos de mulleres que destacaron no mundo da ciencia, da arte, da literatura, da política…e frases que elas pronunciaron. para participar teredes que emparellar as frases coas súas autoras. Aquí vos presentamos o concurso e deixamos tamén as bases para que vos animedes a participar.

Deixar un comentario

Arquivado en Sen clasificar

CONCURSO “CINE: UN REFUXIO PARA A PAZ”

Co gallo da celebración do Día Internacional da Paz este luns 30 de xaneiro o equipo da biblioteca do IES LELIADOURA organiza unha nova actividade dentro do progrma “Refúxiate nos libros” que vimos desenvolvendo neste curso.

Esta actividade é un concurso do que che presentamos o cartel:

diapositiva1

Seguro que xa vistes polos corredores do instituto os carteis das películas e mailas pombas que conteñen as pistas. Animádevos a participar, é unha forma divertida de saber máis sobre cine e como se trata nel o tema dos refuxiados e dos emigrantes. Seguro que descubrides cousas que non coñecíades.

A continuación tedes as bases para participar nesta interesante actividade. Se vos animades non tedes máis que recoller na biblioteca o formulario de participación e logo entregalo cuberto. Non vos despitedes o prazo remata o 15 de febreiro.

 

diapositiva2

 

Deixar un comentario

Arquivado en Sen clasificar

AÍNDA NON TE ANOTACHES AO CLUB DE LECTURA?

     Xa somos 24 os membros do club. Imos ter as primeiras reunións en próximas datas para comezar a preparar as actividades do LERIADOURO para este curso.

Aínda non te anotaches? Estás interesad@? Botámosche de menos!

Pásate pola biblioteca para anotarte.

8032910457_e85dddd95f_b

Deixar un comentario

Arquivado en Club de lectura 2016-2017

Proxecto Club de Lectura 2016-2017

Presentámosvos o noso proxecto de Club de Lectura para este curso 2016-2017. No seguinte documento poderás consultar as súas normas de funcionamento, os días nos que nos imos reunir, as actividades que faremos e tamén os proxectos de colaboración con outros clubes de lectura que temos previstas.

Deixar un comentario

Arquivado en Club de lectura 2016-2017

Proxecto “REFÚXIATE NOS LIBROS”

Como xa vistes en artigos anteriores o noso proxecto para este curso chámase “REFÚXIATE NOS LIBROS”. Agora imos contarvos un pouco máis polo miúdo de que trata.

O noso obxectivo é tratar o tema dos refuxiados e dos emigrantes dende o punto de vista do material que podes atopar na biblioteca. Para iso imos organizar conferencias, proxeccións de audiovisuais e traballos de investigación e exposicións. Actividades coas que todo o alumnado poida achegarse máis ao coñecemento dun tema que atopaos tódolos días nos medios de comunicación.

Das actividades que vaiamos organizando en colaboración coa vicedirección irémosvos informando neste blog. Estade atentos.

Ademais este ano xa comezamos o proxecto de HORA DE LER. Vai dirixido ao alumnado de 1º e 2º de ESO quen neste curso baixará unha hora a semana á biblioteca para coñecer mellor o seu funcioamento e realizar lecturas individuais, ou tamén en conxunto se así o queren. No primeiro trimestre desenvolverase os luns, no 2º os martes e no último os mércores. Esperamos que vos guste e xa nos contaredes as vosas opinións.

 

Deixar un comentario

Arquivado en Sen clasificar