Arquivo por autores: aguado

Acerca de aguado

Profesor de secundaria de especialidade Informática.

Receta para un bo curso académico

Ingredientes:

  • un profesor ou profesora
  • 20 ou 25 alumnos e alumnas
  • un aula
  • 1/2 litro de auga
  • 1/2 litro de empatía
  • 400 grs de paciencia
  • 300 grs de comprensión
  • 250 grs de psicoloxía

Preparación:

Colla ao profesor ou profesora e póñao unhas horas en remollo en 1/2 litro de auga e 1/2 litro de empatía. A continuación escúrrao e séqueo ben. Faga un sofrito con 400 grs de paciencia, 300 grs de comprensión e 250 grs de psicoloxía. Engada ao profesor ao refrito e déixeo reposar unhas horas.

Saque aos alumnos e alumnas do paquete, quítelles as gorras, os móbiles, os MP4 e calquera outro dispositivo que poida agriar a mistura. Arranque de raíz a mala educación, as actitudes violentas e racistas e os abusos.

Revíseos atentamente por se algún ou algunha delas presenta algún problema de pavo subido, desavenencias familiares ou desencantos amorosos varios e procure diluir as súas inseguridades e medos nunha mistura de atención, cariño e educación.

Colóqueos un a un na aula. É importante escoitar ben como cruxe cada un dos alumnos e alumnas ao situalos nas sillas, xa que dunha boa colocación dependerá, en gran medida, o resultado final.

Introduza agora ao profesor ou profesora na aula e asegúrese de que ésta ten suficiente espazo, luz e ventilación.

Deixe todos os ingredientes durante nove meses a unha temperatura media duns 20 ou 25 graos, con algúns breves periodos de descanso, e obterá una alumnos e alumnas preparados e un profesor ou profesora satisfecha.

Para mellorar o sabor desta receta pode acompañala cunha guarnición de excursións e acampadas e aderezala con actividades lúdicas en xeral.

Extraído e traducido de lenguayliteratura.org

1 comentario

Arquivado en Xeral

Certame Literario “A Caramiña”

Desde o IES da Pobra do Caramiñal convócase o Certame Literario “A Caramiña” de relatos curtos de intriga. Vai dirixido ao alumnado da comarca da Barbanza que neste curso 2010/2011 participe do Ensino Secundario Obrigatorio e Postobrigatorio. O prazo remata o 11 de maio.

Deixar un comentario

Arquivado en Concursos

O Galeoke – O karaoke en galego

O GaleokeO Galegoke é un xogo de karaoke onde acumulas puntos emulando o cantar dos teus artistas galegos favoritos, sempre coas cancións orixinais. Podes xogar en modo individual ou en modo festa, competindo por roldas cos teus amigos e amigas . Aquí atoparás información sobre o proxecto, novas e eventos que se realizarán, así como o software e temas extras.O Galeoke

O volume I está á venda por 19,95 € en diferentes puntos de venda.

9 Comentarios

Arquivado en Audiovisual

Cooperativismo en Santiago

Hoxe, martes 18 de xaneiro, un autobús con alumnos e alumnas de ciclos formativos do IES Leliadoura saíu con destino Santiago de Compostela para realizar diferentes actividades:

  • Por un lado, alumnado de 2º curso dos Ciclos Superiores de Administración e Finanzas (AF2) e Administración de Sistemas Informáticos (ASI2), acompañados polos profesores Carlos Llanes e Óscar Núñez, visitaron tres cooperativas (Toldos Compostela, Cidadania, Equisol). Nas súas instalacións recibiron explicacións dos socios traballadores sobre cómo xurdiron as ideas, que trámites deberon realizar para constituilas cooperativas, que dificultades se atoparon e cales son as ventaxas e características xerais deste tipo de empresas.
  • Por outra banda, alumnado do Ciclo Medio Xestión Administrativa (XA), acompañados polas profesoras Mónica Montero e Teresa Delgado, tiveron a oportunidade de visitar a Cidade da Cultura, no monte Gaiás, para logo facer un recorrido polo casco vello de Compostela, onde visitaron unha exposición de arte contemporánea na Fundación Caixa Galicia.

Deixámosvos cun vídeo con algunhas imaxes da visita:

Deixar un comentario

Arquivado en Actividades, Vídeos

Comeza o LOA!

Rodaxe Obradoiro AudiovisualO próximo xoves 20 de xaneiro botará a andar o LOA (Leliadoura Obradoiro Audiovisual), organizado pola Biblioteca do IES Leliadoura e o grupo Rodaxe.

As actividades darán comezo cunha reunión de presentación na Biblioteca do IES Leliadoura convocada para as 11:30, durante o recreo do instituto.

Nesa reunión explicarase o funcionamento xeral do obradoiro, a forma de organizarse, algunhas das actividades que se levarán a cabo, os recursos que se empregarán. Ademáis a reunión servirá tamén para que todas as persoas interesadas, tanto alumnado como profesorado, nos poidamos coñecer.

Xa o sabes, se estás interesad@ preséntate o próximo xoves na Biblioteca. Anima tamén aos teus compañeiros e compañeiras.

Para facilitar as futuras comunicacións podes ir enchendo o sinxelo formulario de inscrición.

Para resolver calquera dúbida ou consulta diríxete ao profesor que coodina o proxecto: Óscar Núñez Aguado (aguado@edu.xunta.es)

ou deixa un comentario neste blog.

Deixar un comentario

Arquivado en Actividades, Audiovisual, Cine

Campionato de Futbolín Aprazado!!

Campionato de Futbolín no IES LeliadouraPor diversos motivos, entre eles acadar unha maior participación e unha mellor organización do campionato, aprázase o inicio do mesmo ata o luns 31 de Xaneiro.

O prazo de inscrición manterase aberto ata o xoves 27. Tamén podes consultar a lista de equipos xa inscritos. As bases do campionato seguirán sendo as mesmas.

Para máis información escribe a futbolin@leliadoura.com.es

Aínda te podes anotar!

1 comentario

Arquivado en Actividades, Xeral

Detrás da Canción – Obradoiro Musical

Detrás da CanciónComo se compón unha canción de pop? Como se poden aproveitar as novas tecnoloxías para gravala e compartila co resto do mundo? A estas cuestións responde a actividade ‘Detrás da canción‘, na que integrantes dos grupos galegos Projecto Mourente e The Homens dan a coñecer a trastenda do proceso creativo.

Anótate xa ao curso de música caseira, con Projecto Mourente.

As novas tecnoloxías permiten que calquera persoa se converta en produtor musical sen saír da casa. Este curso, que se imparte en dúas sesións de 50 minutos de duración cada unha, permitirá aos asistentes coñecer algunhas das ferramentas básicas para gravar unha peza  nun ordenador convencional e posteriormente publicala en Internet. Consulta na seguinte táboa cando e onde é o seguinte curso:

Data Localidade Hora Lugar
21/01/2011 Tui 18:00 Telecentro-Área Panorámica
22/01/2011 Padrón 18:00 Telecentro-Centro Social
23/01/2011 Marín 18:00 Telecentro-Biblioteca
04/02/2011 Santiago de Compostela 18:00 Telecentro – Facultade de Ciencias da Información
05/02/2011 Ribeira 18:00 Telecentro – Confraría de Pescadores
06/02/2011 Negreira 18:00 Telecentro – Casa da Cultura
11/02/2011 Vilagarcía de Arousa 18:00 Telecentro – Obradoiro Municipal de Emprego
12/02/2011 Boiro 18:00 Telecentro – Centro Sociocultural
13/02/2011 Muros 18:00 Telecentro
25/02/2011 Vigo 18:00 Telecentro

Deixar un comentario

Arquivado en Actividades, Audiovisual