VISITA DO ESCRITOR GONZALO MOURE

 

Tivemos a sorte de coñecer ao autor de Palabras de Caramelo, Gonzalo Moure, quen nos contou un montón de historias das súas viaxes e transmitiunos o seu amor polo Sahara, o pouco que se necesita para ser feliz e o gratificante que pode chegar a ser botar unha man ás persoas que o precisan.

Aquí van unhas fotos da súa visita ao noso clube de lectura:

Aquí van algunhas das actividades realizadas:

Previamente á lectura fichemos un achegamento á obra a través dunha serie de actividades:

Entre todos tentamos anticipar a historia que hai detrás dese título, apoiándonos, tamén, no relato da contraportada, tentando descifrar os datos que se nos achegan.

Observamos a imaxe da portada e vemos onde nos sitúa, a que mundo nos leva o tocado da cabeza do rapaz e este tipo de animal… Seguimos vendo o resto das ilustracións para confirmar a situación da historia no deserto

Documentámonos sobre o deserto e sobre os camelos a través de videos e internet.

Xogamos co título. Antes de saber que Caramelo é un camelo, pensamos como serían as palabras de caramelo e intentamos describilas.

Despois da lectura:

Entre todos achegamos as nosas valoracións e impresións sobre a obra. Resolvemos dúbidas que puideron xurdir durante a lectura e finalmente propuxemos finais alternativos á historia que nos presentou o autor.

Reflexionamos e debatemos sobre algún dos temas e valores quese tratan na obra: a situación do pobo saharaui, o respecto polas diferenzas, o compromiso coas inxustizas, o afecto polos animais.

Para concluír esta lectura realizamos por escrito algunhas actividades:

a) No relato fálase de que o campamento era un bosquede jaimas. Pintémolo.

b) Completa: Rumiantes son os animais que rumian porque o seu aparato dixestivo…; aliméntanse de… Son rumiantes os camelos, …, …, …, … e …

c) Por que Kori lle chama Caramelo ao camelo?

d) Quen é Alá?

e) Por que se sacrifican antes os camelos machos que as femias?

f) Cantas veces rezaba o tío de Kori ao día?

g) Que fai Ahmed para que Kori comprenda que tamén a el lle dá pena sacrificar a Caramelo?

h) En que se diferencia un camelo dun dromedario?

i) Fagámoslle un poema acróstico a Caramelo:

C A R A M E L O

 

Tivemos a gran sorte de que Machura, unha alumna saharaui, nos explicara en primeira persoa como se vive no Sahara, os seu costumes e tradicións, a  guerra…

Tamén colocamos na biblioteca un expositor con outras obras de Gonzalo Moure.

Paralelamente a esto houbo unha campaña no centro pa ra axudar ao pobo saharaui.

 

 

Deixar un comentario

Arquivado en Club de lectura 2016-2017

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s