A LÚA DE SENEGAL DE AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ

Non podía faltar un libro de Agustín Fernández Paz no noso clube de lectura.

Sinopse

Khoedi, nome que significa lúa na súa lingua, é unha nena senegalesa de once anos que ten que abandoar o seu pobo ol Senegal e viaxar coa nai e coa súa irmá pequena ata Vigo, onde seu pai vive desde vai algún tempo. Todo é distinto na nova terra, e o único que ten en común coa que abandoou, é a lúa que brila no ceo polas noites. A  nena elixe a a Lúa como confidente das súas historias, a ela dirixe as súas intensas reflexións: sensacións, lembranzas, medos, e tamén o desexo de acostumarse á nova vida que lle espera no novo lugar, tan repleto de ausencias, en particular a da súa avola, Mamá Feriane.
O relato trata a emigración desde ol punto de vista do desarraigo e a intensa tristeza que leva aparellada e destaca o valor da multiculturalidade, a diversidade lingüística e a convivencia, así como a importancia de conxugar memoria e futuro.

 

Actividades:

Fíxate no título do libro que estás a punto de ler, grazas a el deducimos que Senegal vai  ser unha parte importante do relato.Busca información de este país africano.
Despois da lectura
1 Mareime  dille a Khoedi que ten unha misión para o futuro. Revisa o texto e descubre en que consiste esa misión; identifica tamén que tipo de profesión lle permitiría realizala e por que.
2 Imaxina que Khoedi é unha nova compañeira da túa clase e contesta:

          ¿Que che parecería tela como compañeira de clase?
          ¿Que lle dirías para que perdese o seu medo?
           ¿Qué che gustaría enseñarlle da túa localidade para que empezase a gustarlle tanto como o seu país?
         ¿Que xogos lle ensinarías para que vos acompañase ós teus amigos e a ti
no recreo?
3 Cal é o personaxe da historia co que te identificas? Por que?
4 Describe e debuxa os personaxes da historia.
5 Busca o traxe típico de Senegal e algún dos seus bailes tradicionais.

Deixar un comentario

Arquivado en Club de lectura 2016-2017

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s