A LAGOA DAS NENAS MUDAS DE FINA CASALDERREY

Os leriadouros de 1º de ESO disfrutaron da lectura desta obra de Fina Casalderrey.

 

Algunhas das actividades realizadas foron:

Nunha primeira sesión presentamos a segunda das nosas lecturas deste e ano e realizamos as actividades seguintes:

  • Co libro na man intentamos anticipar o seu contido. Observando as capas imaxinamos de que pode tratar e o que imos atopar nel.
  • Atendemos ao que nos suxeriu o título e a ilustración da portada.
  • Xogamos a inventar títulos semellantes.
  • Escribimos un texto con ese título. Pode estar en prosa ou en verso.
  • Conversamos acerca da desaparición dalgunha nena ou da chegada de inmigrantes.
  • Identificamos a autora: lembramos o que sabíamos sobre ela e sobre as obras que coñezamos, buscamos máis datos en internet e na biblioteca.

Nunha segunda xuntanza , xa coa lectura da obra iniciada, traballamos as seguintes propostas:

 Identificamos quen conta a historias.

 Seleccionamos aqueles fragmentos que nos chamaron  a atención e compartímolos cos compañeiros e compañeiras.

 Imos  situando nun mapa (ou varios) todos aqueles lugares que van aparecendo no relato: Nixeria, Portugal, Bélxica, Francia, Alemaña, África, Europa, América, Océano Atlántico, Suíza, Níxer… Enumeremos con que se corresponde cada un dos «nomes xeográficos» que imos atopando: país, continente, río, mar…

 Tentamos reproducir a angustiosa odisea que supón para os inmigrantes chegar a Europa a través dun xogo da Oca moi especial. Trátase dun taboleiro onde cada participante deberá pasar por unha serie de vicisitudes antes de conseguir chegar a Europa (non sempre se consegue).

 Imos recollendo información sobre cada un dos personaxes para poder describilos.

 Elaboramos un vocabulario con aquelas palabras que nos resultan difíciles a primeira vista.

 A profesora da colonización de África por diferentes países de Europa e buscamos información en internet.

 Falamos  acerca da escravitude e de onde sacamos a maior parte da información que temos ao respecto.

 

Despois da lectura tratamos realizamos unha posta en común na que:

 Resumimos o argumento ou realizamos unha liña argumental.

 Intentamos sintetizar a idea principal do texto.

 Revisamos as historias se contan no libro e cal delas nos pareceu a máis importante.  tentamos  buscarlle un escenario real a este relato, onde podería desenvolverse esta historia e por que? Logo, situámolo notempo.

 Busquemos aquilo que máis nos sorprendeu, o que nos resultou máis triste, o máis cómico, o máis fantástico… •

 Explicamos  esta frase da nai de Amina: «As linguas son as roupas que visten as palabras en cada lugar».

 Analizamos os problemas que xurdiron na historia e a maneira de resolvelos.

 Identificamos os feitos ou expresións que denotan racismo, prexuízos…

 Comentemos os valores que defende a autora neste texto: a amizade entre diferentes,    os pensamentos positivos, a capacidade de actuar paracambiar as situación, o valor da lectura.

 

 

Deixar un comentario

Arquivado en Club de lectura 2016-2017

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s