Proxecto “REFÚXIATE NOS LIBROS”

Como xa vistes en artigos anteriores o noso proxecto para este curso chámase “REFÚXIATE NOS LIBROS”. Agora imos contarvos un pouco máis polo miúdo de que trata.

O noso obxectivo é tratar o tema dos refuxiados e dos emigrantes dende o punto de vista do material que podes atopar na biblioteca. Para iso imos organizar conferencias, proxeccións de audiovisuais e traballos de investigación e exposicións. Actividades coas que todo o alumnado poida achegarse máis ao coñecemento dun tema que atopaos tódolos días nos medios de comunicación.

Das actividades que vaiamos organizando en colaboración coa vicedirección irémosvos informando neste blog. Estade atentos.

Ademais este ano xa comezamos o proxecto de HORA DE LER. Vai dirixido ao alumnado de 1º e 2º de ESO quen neste curso baixará unha hora a semana á biblioteca para coñecer mellor o seu funcioamento e realizar lecturas individuais, ou tamén en conxunto se así o queren. No primeiro trimestre desenvolverase os luns, no 2º os martes e no último os mércores. Esperamos que vos guste e xa nos contaredes as vosas opinións.

 

Deixar un comentario

Arquivado en Sen clasificar

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s