8 de marzo: Día Internacional da Muller

Día-internacional-da-mullerO IES Leliadoura vai conmemorar o Día da Muller traballadora cunha actividade sobre as mulleres viaxeiras.
Estaa actividade esta encadrada dentro do programa de actividades coordinadas pola biblioteca do centro e que este curso xira ao redor das viaxes co título de “Libriaxa con nós”.
Para celebrar a data do 8 de marzo a comunidade educativa presentou o venres 6 ás 12:30 a exposición “MULLERES POLO MUNDO”. O acto comezou na sala de usos múltiples do centro, onde se poder ver a exposición, cunha actuación musical de dous alumnos do centro: Alex Millet e Uxía Olveira.
A partires do venres 6 e ao longo da próxima semana as persoas que visiten a exposición poderán contemplar fotografías e datos biográficos de mulleres que destacaron ao longo da historia pola súa faceta de viaxeiras, tales como Fanny Bullock (sufraxista estadounidense), Nelli Bly (que deu a volta ao mundo en 72 días), Gertrude Bell, “a raíña do deserto” ou Karen Blixen, famosa por escribir “Memorias de África”, e así ata chegar a unha escolma de vinte figuras femininas destacadas ao longo da historia.
A exposición pode ser visitada en horario lectivo do centro, de 8:50a 14:30 de luns a venres.

 

 

 

 

 

Deixar un comentario

Arquivado en Actividades Libriaxa con nós

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s