CONCURSO DÍA DA PAZ

dia da pazBASES DO CONCURSO

1) O obxectivo do concurso “LIBRIAXEIROS POLA PAZ”é promover a celebración do Día Internacional da Paz entre a comunidade educativa do IES LELIADOURA a partires do proxecto da biblioteca do centro para este curso: LIBRIAXA CON NÓS.
2) Poden participar tódolos membros da comunidade educativa do IES LELIADOURA.
3) Para participar deberán recoller na consexería as follas do concurso, nas que aparecen un listado de frases nunha táboa, que haberá que completar cos datos sobre o personaxe ao que se refire esa frase, o seu país de procedencia e o número do mapa que lle corresponde e tamén o ano no que lle foi outorgado o Premio Nobel da Paz.
4) Na parte superior da folla de participación hai que indicar o nome, apelidos, curso e grupo.
5) Só pode entregarse unha folla de participación por persoa.
6) A folla de participación introducirase no buzón que estará colocado en conserxería.
7) O prazo de entrega rematará ás 14:30 do venres día 6 de febreiro.
8) Polos corredores do instituto estarán colgadas imaxes dos personaxes coa frase que lle corresponde a tamén mapas mudos numerados dos países nos que naceron cada un deles.
9) O/A gañador/a será quen complete toda a táboa. En caso de haber máis dun acertante, farase un sorteo para decidir quen resulta gañador/a.

Descarga aquí o formulario de participación

Deixar un comentario

Arquivado en Actividades Libriaxa con nós

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s