CONCURSOS DE MEDO

Co gallo da celebración do Samaín lembraredes que desde a Biblioteca do Leliadoura convocamos un concurso de relatos e outro de ilustracións co tema de “Viaxes de Medo”.

O pasado día 7, coincidindo coa inauguración do espazo de presentación do proxecto Libriaxa con nós, fixemos entrega dos premios aos gañadores. Antes os propios autores procederon a ler os seus relatos.

Nese mesmo acto entregamos os premios do concurso de cabazas e como remate final fixemos unha lectura colectiva na que fomos contando entre todos “EU TEÑO MEDO A…”

Como despedida deste artigo aquí tedes un dos relatos gañadores e tamén algunhas das ilustracións.

Ilustración BachRelato YetiIlustración Yeti

NOVEMBRO

30 de novembro do 1867

Desde o 1845, o último día antes de comezar un novo mes, viaxo a Santiago de Compostela xunto dos meus señores, e infórmo dos gastos, ingresos, perdidas etc.
A ama de chaves do pazo infórmame da actitude dos criados, porque o meu deber tamén é administrar o seu traballo, e vixiar que o fagan ben.
Como acostumo, saio á mesma hora de sempre, aproximadamente as nove en punto. Saín destino Santiago. Fun todo o camiño atallando o máximo posible para lograr chegar a tempo para xantar, e para que a noite non me collese no regreso ao pazo.
Ía ser hora de xantar cando cheguei, debido a un pequeno incidente sen importancia. Os patróns recibíronme cun cordial saúdo antes de pasar ao comedor co resto de administradores doutras propiedades. Pasamos todos para dentro, os patróns sentaron nos seus sitios mentras eu saudaba a algúns coñecidos antes de empexar a xantar.
Ao acabar a comida, houbo un pequeno inciso, onde os patróns atenderon asuntos persoais, e a continuación empezaron a chamar administradores. Rapidamente chegou a miña quenda, os señores tiñan boas noticias,estaban moi contentos co meu traballo, presenteilles as contas, coma sempre, e despois diso, o señor deume 600 reais, agradecéndome o meu traballo, cando o meu soldo era de tan só 100 mensuais. Isto para min foi unha noticia moi agradable, pero ao mesmo tempo preocupante, debido a que era moito diñeiro para levar ata o pazo habendo xente que sabía que eu tiña todos eses cartos encima.
Tan pronto acabei cos patróns despedinme, montei no cabalo e emprendín a viaxe de volta á casa, pero esta vez pola estrada, sen atallar nada,porqeu no monte hai grupos de bandidos que me podían asaltar e roubar.
O viaxe deste xeito era case o dobre que atallando, polo tanto tiña que viaxar máis rápido para que a noite non me pillase no camiño.
Eran as seis e xa empazaba a anoitecer, estábame empezando a preocupar e apurei o paso do cabalo todo o que puiden. Non estaba moi lonxe pero escurecía axiña. Pasados uns minutos, o meu cabalo rinchou e parou case en seco. Baixei e vin que tiña un corte nun pé producido por un cravo da ferradura que tiña a medio caer. O cabalo xo non podía correr e eu estaba moi nervioso, preocupado e atemorizado, a única opción que me quedaba era continuar a andar, collíin o cabalo pola renda e fomos indo ata chegarmos a unha encrucillada que eu xa non recordaba, debido a que sempre atallaba. Nese momento de nerviosismo e angustia non sabía que dirección coller, soltei o cabalo, e sentei nunha rocha, a intentar recordar por que dirección era. O animal encabezouse cara ao camiño da dereita, iso fíxome pensar que el seguro qeu recordaba o camiño de volta ao pazo.
Decidin tomar ese camiño, pouco despois empecei a recoñecer o sitio,o que tamén me fixo acordar o que me parasa a última vez que pasara por alí.
A uns 300 metros de onde eu me encontraba había unha pequena aldea mariñeira e cando eu pasaba por alí estaba sendo atacado por bandidos, mataron aos homes, levaron as mulleres e aos nenos e finalmente queimaron a aldea, todo isto pudeno ver cos meus ollos grazas a que me escondín detrás duns grandes carballos, serón tería a mesma sorte.
Corrian rumores de que agora era unha aldea fantasma, que había maldicións e que ninguén pasara por aqui desde que ocorrera a desgraza.
A miña única opciónera pasar pola aldea, xa eran cerca das dez e era noite pecha, e a idea de pasar por alí arrepiabame e dábame calafríos só con pensalo.
Estaba entrando na aldea, só quedaban chozas a medio desfacer e algunhas propiedades dos antigos habitantes polo chan. Cada paso que daba, era como un angustioso paso ao inferno. Tardei cinco minutos en cruzar a aldea, pero pareceume unha eternidade,cando chegei ao outro lado alegreime de estar enteiro, pero seguía moi preocupado porque aínda me quedaban tres quilometros.
Nesa distancia non houbo nada do que preocuparse, pouco despois xa via o pazo e alegreime enormemente. Entrei no pazo e chamei a ama de chaves para que gardase e curese ao animal.
Eu son home de poucas horas de sono, habitualmente non durmo máis de catro ou cinco horas. Pero o medo que levaba no corpo esa noite esgotárame de tal xeito que durmin doce horas seguidas.

Deixar un comentario

Arquivado en Actividades Libriaxa con nós

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s