UN MAR DE POMBAS

Diapositiva1

BASES DO CONCURSO

1) O obxectivo do concurso “LENDO A MARES”é promover a celebración do Día Internacional da Paz entre a comunidade educativa do IES LELIADOURA a partires do proxecto da biblioteca do centro para este curso: LENDO A MARES.
2) Poden participar tódolos membros da comunidade educativa do IES LELIADOURA.
3) Para participar deberán recoller na consexería as follas do concurso, nas que aparecen un listado de persoaxes, datos acerca da súa vida ou actividade e frases que dixeron sobre a paz.;. Na resposta haberá que enlazar correctamente os elementos das seis columnas: ó lado de cada frase e de cada dato e de cada nome de autor hai que poñer o número da pomba onde figura o nome do personaxe a quen correspondan.
4) Na parte superior da folla de participación hai que indicar o nome, apelidos, curso e grupo.
5) Só pode entregarse unha folla de participación por persoa.
6) A folla de participación introducirase no buzón que estará colocado en conserxería.
7) O prazo de entrega rematará ás 14:30 do venres día 7 de febreiro.
8) Polos corredores do instituto estarán colgadas pombas numeradas con nomes de personaxes de diferentes ámbitos da cultura e da historia e citas relacionadas coa paz que algúns deles dixeron. ATENCIÓN: Algunhas citas corresponden ao mesmo autor. Hai personaxes que non teñen cita.
9) Estableceranse dúas categorías para os premios:
– Categoría A: 1º ciclo de ESO.
– Categoría B: 2º ciclo de ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos.
10) Os gañadores daranse a coñecer nun listado que se publicará a partires das 12:00 horas do luns día 13 de febreiro. Os premios entregaranse na Biblioteca o martes día 14 de febreiro.
11) Haberá un único gañador por categoría. De haber máis acertantes en cada categoría farase un sorteo entre eles para decidir quén é o gañador.

OLYMPUS DIGITAL CAMERAOLYMPUS DIGITAL CAMERAOLYMPUS DIGITAL CAMERAOLYMPUS DIGITAL CAMERA

http://prezi.com/tafjiu91ixng/paz-2014/

Deixar un comentario

Arquivado en Actividades Lendo a mares

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s