Reunión do club de lectura común

No noso centro contamos con dous clubs de lectura: o Club de lectura Leriadouro, para alumnado do noso centro, e outro pensado para alumnado a partir de bacharelato e adultos que empezou a funcionar dende hai uns anos en conxunto cos outros dous institutos e as ANPAs da área educativa de Ribeira. Como non ten nome eu refírome a el como Club de lectura común.

Ademais de estar dirixido a toda a comunidade educativa tamén pode participar calquera persoa que así o desexe independentemente de todo isto, como é o que está ao ocorrer desde o principio.

Facendo un seguimento no noso blog, pódese observar que as lecturas son moi diferentes e, como participante quero manifestar, que as reunións son moi interesantes e amenas e invítovos a todo o mundo a que vos animedes.

Soen ser o último xoves de cada mes na sede do Ateneo Valle-Inclán (bar Plaza, no piso de arriba) ás 20:30 horas,  pero como o mes que ven será un pouco antes debido ás vacacións de Nadal, este mes a reunión será o próximo xoves 21 de novembro.

O libro que imos comentar é Laura no deserto de Antón Riveiro Coello e contaremos coa súa presenza.

laura-no-deserto-9788498653953

     Compostela, Barcelona, Europa durante a Segunda Guerra Mundial, Nova York a fins do século XX, son os escenarios dunha obra narrativa que ergue un sólido universo e entra na alma dos personaxes para nos falar cunha voz intensa sobre a identidade, a culpa, o amor ou a liberdade.

Nos comentarios dos lectores desta obra coíncidimos  en sinalar :

“Cada páxina non ten desperdicio. A arquitectura da novela é dunha enxeñería tal que consigue reter a historia dentro do lector por moito tempo. Por se quedan dúbidas, Antón é do melloriño que temos en Galicia como escritor.”

Moi, moi recomendable a súa lectura e a charla con el; xa  tivemos outras  é son moi agradables.

Deixar un comentario

Arquivado en Club de lectura 2016-2017

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s