Por outro lado non queremos esquecer a proposta que nos chega dende BibliotecasEscolares de Galicia.
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no contexto das actuacións do PLAN LÍA de bibliotecas escolares (Lectura, Información e Aprendizaxe), publica cada ano uns carteis divulgativos que pretenden facer visible as distintas posibilidades da biblioteca escolar como apoio ao desenvolvemento do currículo e como instrumento fundamental para a formación das persoas lectoras.
O lema elixido para este curso 2013/2014, LER CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR,trata de sensibilizar sobre a importancia da lectura de textos de carácter científico, de textos divulgativos ou de textos literarios que tratan temas relacionados coa ciencia. Todos estes contidos teñen cabidana biblioteca e enriquecen a bagaxe lectora do alumnado. A ilustración é de Patricia Castelao.
Nós, ademais de temas científicos relacionados co mar, tamén damos cabida á ciencia en xeral, por suposto. Comezamos no club de lectura co libro A evolución de Calpurnia Tate, libro que nos encanta e que recomendamos sempre dende que o coñecemos e que agora tamén está publicado en galego .