Club de lectura común, mes de xuño

Neste mes facemos unha homenaxe ao recentemente desaparecido José Luis Sampedro comentando dúas das súas obras:

portada-sonrisa-etrusca_grande

 

Un vello campesiño calabrés chega a casa dos seus fillos en Milán para someterse a unha revisión médica. Alí descobre o seu último afecto, unha criatura na que envorcar toda a súa tenrura: o seu neto, que se chama Bruno, como a el chámanlle os seus camaradas partisanos. E vive tamén a súa última paixón: o amor dunha muller que iluminará a etapa final da súa vida concedéndolle toda a súa plenitude. Unha fermosa novela sobre o eterno problema do amor, coa verdade que ofrece un coñecemento profundo do alma humana.

escribir-es-vivir-9788499897554

As leccións sobre”El autor y su obra”, impartidas por José Luís Sampedro na Universidade Internacional Menéndez Pelayo no verán de 2003, suscitaron unha multitudinaria asistencia e resultaron hondamente emotivas, dadas as circunstancias persoais en que se atopaban tanto José Luís Sampedro como a súa esposa Olga Lucas. Ela acompañáballe na sala e encargouse íntegramente da versión da linguaxe oral á linguaxe escrita. O resultado é un libro máxico cuxa singularidade estriba en ser unha autobiografía escrita por outra autora.”Aquí cuento yo mi vida, pero es narrada con las palabras de Olga Lucas, que son mías aun siendo suyas.”.”

A reunión será o xoves 27 de xuño na sede do Ateneo Valle-Inclán (Bar Plaza) ás 20:30.

Deixar un comentario

Arquivado en Sen clasificar

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s