Os Leriadouros visitamos aos Laretas

Este luns 6 da maio correspondemos á invitación dos Laretas de Serra de Outes facéndolles a nosa visita.                    

Chegamos ao PICT0348

e dende alí en bus ata o centro onde ás 13:40 estaban a esperarnos. Visitamos o centro e vimos a súa exposición sobre viaxes onde atopamos dende guías a souvenirs pasando, entre outros, por postais, billetes e moedas de diversos países.

Cando o alumnado saíu das clases reunímonos para xantar xuntos. Logo voltamos a reunirnos na biblioteca (agora na súa, claro) para seguir falando de que como vivimos a experiencia de pertencer a un club de lectura e sobre as nosas lecturas favoritas neste curso e dalgunha proposta nova con respecto a nosa reunión anterior.  

PICT0367PICT0368

PICT0379PICT0369PICT0376

PICT0384

Só tivemos que lamentar que o tempo non fose o máis adecuado porque visitamos Pontenafonso, o roteiro Añón e a praia de Broña dende o autobús porque chovía moito. No Pazo do Tambre poidemos polo menos baixar do autobús e visitar o pazo por dentro e algo dos xardíns. Quedamos con ganas de volver, aínda que sexa pola nosa conta, a facer eses percorridos a pé porque nos gustaron moito.

Todos quedamos moi contentos desta experiencia común onde cabe resaltar a gran amabilidade co que fomos acollidos (aínda que resaltable foi todo).

MOITAS GRAZAS!!!!!

PICT0390

Deixar un comentario

Arquivado en Club de lectura LERIADOURO

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s