O próximo xoves 22 de marzo as 20:30 na sede do Ateneo Valle-Inclán (Bar Plaza) comentaremos unha das obras do xenial escritor Charles Dickens:
Tempos difíciles
A súa entretida trama, que mestura as vidas e peripecias, ilusións e desdichas do ríxido e práctico director de escola Thomas Gradgrind; dos seus fillos Tom e Louisa; de Sissie Jupe, filla dun pallaso dun circo; do presuntuoso e mezquino empresario Josiah Bounderby e do obreiro Stephen Blackpool, entre outros personaxes, arroxa unha visión inesquecible da Inglaterra victoriana sumida na revolución industrial.
Tempos difíciles resulta a crítica a unha filosofía que considera aos seres humanos como repostos dunha vasta maquinaria que só uns poucos dominan.
Sempre é un bo momento para ler a Dickens, un xenio clásico que sigue vixente, do que neste ano se celébrase o bicentenario do seu nacemento.
Na nosa biblioteca atoparás varias obras deste gran autor.