As fiandeiras de Antonio Piñeiro

O próximo xoves 23 de febreiro na reunión do club de lectura que temos en común, comentaremos o libro As fiandeiras de Antonio Piñeiro, home polifacético que tamén é profesor de historia no IES nº 1 (estivo uns anos tamén no noso centro)

Antonio Piñeiro xa gañou 26 premios escribindo nos xéneros: prosa, poesía, e incluso ensaio. De feito, o pasado mes de maio gañou o Avilés de Taramancos con A dama fulxente, e no mesmo ano en  Navarra  tamén  recibiu o Premio Poesía Ángel Urrutia, convocado polo Concello de Lekunberri con Niños en la lluvia. Para o premio García Barros de A Estrada escribiu unha historia que transcorre na metade do século XIX (na época da Primeira República) na comarca de Tabeirós-Deza, onde as mulleres fiandeiras deciden rebelarse contra a fábrica que vende o fío.

No argumento desenrólase tamén un paralelismo coa deusa Minerva e a fábula de Aracné, onde a mortal enfróntase coa deusa.

É, ademais, e en opinión do xurado que a votou, “unha novela intensa, que invita a reflexionar sobre o poder, o xénero, a educación ou os avances do progreso, e que está escrito cunha prosa moi plástica e cinematográfica”.

Contaremos coa súa presenza na reunión que se celebrará como cada mes na sede do Ateneo Valle-Inclán (Bar Plaza) ás 20:30

1 comentario

Arquivado en Club de lectura 2016-2017

Unha resposta a “As fiandeiras de Antonio Piñeiro

  1. Antonio

    Moitas grazas ao Grupo de Lectura pola acollida, polo interese, pola dedicación e pola amabilidade, pero sobre todo:
    Enormemente debedor polo feixe de manifestacións, polos consellos, polos matices, polos agudos e dotados comentarios, polas críticas, polas valiosísismas, impagalbes versións lectoras. Foi e é para min unha sorte poder contar con esa riqueza, xa digo, impagable.
    Pola miña banda teño que dicir que estiven en poucos foros de asunto literario, lector ou crítico cunhas maneiras tan altas coma neste, cun ton de conversa tan substancioso, e ao mesmo tempo (o desenfado, a celebración, as bromas, incluso o par de viños …) tan cálido. Felicidades e
    para o que faga falta.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s