Epitafios para Lois Pereiro

unha húmida mensaxe de vida e de furia necesaria

Este é o epitafio que aparece na tumba de Lois Pereiro. Pois os alumnos de 1º de Bac. tamén quixeron escribir os seus, inspirándose no do poeta monfortino. Son estes:

 

Volvo estar como

na miña xuventude,

tirado en calquera lado

e inconsciente de todo.

(Fran Ruiz, 1º Bac.)

Pegádeme que non vexo! Burladores do meu repouso,

axudándome a sentir o mínimo sopro de dor e vida

que tanto desprecei nos meus vagos días

e coma vós, gocei pouco…

(Daniel Díaz Silva, 1º Bac.)

Aqueles que se nubran,

aqueles que brillan,

chegarán a min

a través do esquecemento

no que a miña vida foi,

un esquecemento pleno.

(Juan Manuel Queiruga, 1º Bac.)

Déixovos de herdanza o que máis aprezo

das miñas posesións, o meu xeito de ver a vida,

pois unha vez o seu uso dea comezo,

eu mesmo suxiro que a herdanza sexa compartida.

(Iago Torres Parada, 1º Bac.)

Vivín canto puiden.

Agora, deixádeme

morrer canto queira.

(Lorena Lijó Gude, 1º Bac.)

Aquí perezo eu sen dor algunha

aquí descanso eu sen lamento algún

lonxe de quen eu quero

preto de quen eu desexo.

(Rocío Patón Cadabal, 1º Bac.)

Cantas despedidas na miña vida!

Esta é soamente unha máis, a máis

longa, da que ninguén pode escapar e

agora xa non pido máis, quero ser un

bo recordo algunha vez.

(Ana Mª Ramallo, 1º Bac.)

Estou a descansar

non me veñas molestar.

(Lorena Calviño, 1º Bac.)

Aquí xace o meu corpo,

un corpo morto, sen vida

un corpo podrecido e desfigurado

pero ante todo

un corpo de galego.

(Andrés Monteagudo, 1º Bac.)

Vou facer unha petición:

recordádeme polo que tiven falado

non polo que tiven calado,

(que non é que fora moito).

(Araceli Domínguez, 1º Bac.)

Sei que a moitos non lles gustou

o que en vida fixen

mais que eses garden un mal recordo

significa que estiven ben.

(Tamara Ouviña Paisal, 1º Bac.)

O día que eu morra

bailade sen parar na miña tumba

así recordarei o meu fogar

e aos meus queridos ruidosos veciños de arriba.

(Daniel Romano Gude, 1º Bac.)

Non choredes máis, non, por favor, que se fenecín foi só para coñecer a liberdade e tranquilidade absoluta.

(Sara Martínez, 1º Bac.)

Meu ben querido amigo:

Aquí estou deitado,

eu preferiría estar contigo,

mais estaba moi cansado.

(Manuel Sobrido Santos, 1º Bac.)

Cubrirme de ganas”

Petade na porta do meu cuarto

sempre que por diante dela pasedes,

recordade que o necesito, que vos necesito!

Cubrirme de vida, cubrirme de ganas.

(José Ramón Vilar Dios, 1º Bac.)

Deixádeme, non chamedes pola miña ausencia

sorride porque agora estarei máis presente ca nunca.

Non me molestedes máis,

xa non é necesario. Sabédelo. Seino.

(Paloma Bande, 1º Bac.)

Cada vez que pasedes polo meu carón

cuspídeme para facerme sentir vivo,

loitade para conseguir a liberdade

e así poderei descansar tranquilo.

(Mary González Sobrido, 1º Bac.)

Non foi unha vida tan boa,

como para chorar por ela.

Non foi un home tan bo,

como para chorar por el.

Se chorades, chorade polo mármore

que xace aquí estragado.

(José, 1º Bac.)

Sempre viva”

Pasade pola miña tumba,

mandádeme sinais de vida,

e coa vosa axuda

sentireime sempre viva.

(Sabela Recamán Penada, 1º Bac.)

Pisade forte onde eu caia

cando pasedes polo lugar onde caín

dándome así forza

para poder levantarme e vivir.

(Juan José Álvarez Vázquez, 1º Bac.)

Dádeme uns sinais de felicidade

xa que daquela non a puiden recibir,

non me importa a dor nin a frialdade

o único que desexo é en paz durmir.

(Cristian Torres Sampedro, 1º Bac.)

Teño que partir

aquí non podo vivir,

deixádeme ir

que aquí non podo seguir.

(Rubén Fernández Ayaso, 1º Bac.)

Xa que non podo vivir para sempre,

mantédeme vivo polo menos na vosa memoria,

só recordádeme como fun, o que fixen,

para ben ou para mal, só facédeo.

(Marco Antonio Romay Brión, 1º Bac.)

Poderás facerme o que queiras cando eu estea alí

abaixo sen facer nada, aínda que estea alí indefenso, sei

que ti nunca poderás facerme dano, porque eu xa non sinto nada, e pouco a pouco ti morrerás

da impotencia xa que son inalcanzable para ti.

(Ronald Luna Bonoso, 1º Bac.)

 

Volvo estar como

na miña xuventude,

tirado en calquera lado

e inconsciente de todo.

(Fran Ruiz, 1º Bac.)

Pegádeme que non vexo! Burladores do meu repouso,

axudándome a sentir o mínimo sopro de dor e vida

que tanto desprecei nos meus vagos días

e coma vós, gocei pouco…

(Daniel Díaz Silva, 1º Bac.)

Aqueles que se nubran,

aqueles que brillan,

chegarán a min

a través do esquecemento

no que a miña vida foi,

un esquecemento pleno.

(Juan Manuel Queiruga, 1º Bac.)

Déixovos de herdanza o que máis aprezo

das miñas posesións, o meu xeito de ver a vida,

pois unha vez o seu uso dea comezo,

eu mesmo suxiro que a herdanza sexa compartida.

(Iago Torres Parada, 1º Bac.)

Vivín canto puiden.

Agora, deixádeme

morrer canto queira.

(Lorena Lijó Gude, 1º Bac.)

Aquí perezo eu sen dor algunha

aquí descanso eu sen lamento algún

lonxe de quen eu quero

preto de quen eu desexo.

(Rocío Patón Cadabal, 1º Bac.)

Cantas despedidas na miña vida!

Esta é soamente unha máis, a máis

longa, da que ninguén pode escapar e

agora xa non pido máis, quero ser un

bo recordo algunha vez.

(Ana Mª Ramallo, 1º Bac.)

Estou a descansar

non me veñas molestar.

(Lorena Calviño, 1º Bac.)

Aquí xace o meu corpo,

un corpo morto, sen vida

un corpo podrecido e desfigurado

pero ante todo

un corpo de galego.

(Andrés Monteagudo, 1º Bac.)

Vou facer unha petición:

recordádeme polo que tiven falado

non polo que tiven calado,

(que non é que fora moito).

(Araceli Domínguez, 1º Bac.)

Sei que a moitos non lles gustou

o que en vida fixen

mais que eses garden un mal recordo

significa que estiven ben.

(Tamara Ouviña Paisal, 1º Bac.)

O día que eu morra

bailade sen parar na miña tumba

así recordarei o meu fogar

e aos meus queridos ruidosos veciños de arriba.

(Daniel Romano Gude, 1º Bac.)

Non choredes máis, non, por favor, que se fenecín foi só para coñecer a liberdade e tranquilidade absoluta.

(Sara Martínez, 1º Bac.)

Meu ben querido amigo:

Aquí estou deitado,

eu preferiría estar contigo,

mais estaba moi cansado.

(Manuel Sobrido Santos, 1º Bac.)

Cubrirme de ganas”

Petade na porta do meu cuarto

sempre que por diante dela pasedes,

recordade que o necesito, que vos necesito!

Cubrirme de vida, cubrirme de ganas.

(José Ramón Vilar Dios, 1º Bac.)

Deixádeme, non chamedes pola miña ausencia

sorride porque agora estarei máis presente ca nunca.

Non me molestedes máis,

xa non é necesario. Sabédelo. Seino.

(Paloma Bande, 1º Bac.)

Cada vez que pasedes polo meu carón

cuspídeme para facerme sentir vivo,

loitade para conseguir a liberdade

e así poderei descansar tranquilo.

(Mary González Sobrido, 1º Bac.)

Non foi unha vida tan boa,

como para chorar por ela.

Non foi un home tan bo,

como para chorar por el.

Se chorades, chorade polo mármore

que xace aquí estragado.

(José, 1º Bac.)

Sempre viva”

Pasade pola miña tumba,

mandádeme sinais de vida,

e coa vosa axuda

sentireime sempre viva.

(Sabela Recamán Penada, 1º Bac.)

Pisade forte onde eu caia

cando pasedes polo lugar onde caín

dándome así forza

para poder levantarme e vivir.

(Juan José Álvarez Vázquez, 1º Bac.)

Dádeme uns sinais de felicidade

xa que daquela non a puiden recibir,

non me importa a dor nin a frialdade

o único que desexo é en paz durmir.

(Cristian Torres Sampedro, 1º Bac.)

Teño que partir

aquí non podo vivir,

deixádeme ir

que aquí non podo seguir.

(Rubén Fernández Ayaso, 1º Bac.)

Xa que non podo vivir para sempre,

mantédeme vivo polo menos na vosa memoria,

só recordádeme como fun, o que fixen,

para ben ou para mal, só facédeo.

(Marco Antonio Romay Brión, 1º Bac.)

Poderás facerme o que queiras cando eu estea alí

abaixo sen facer nada, aínda que estea alí indefenso, sei

que ti nunca poderás facerme dano, porque eu xa non sinto nada, e pouco a pouco ti morrerás

da impotencia xa que son inalcanzable para ti.

(Ronald Luna Bonoso, 1º Bac.)

1 comentario

Arquivado en Xeral

Unha resposta a “Epitafios para Lois Pereiro

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s