Tierra sonámbula de Mia Couto na próxima reunión do Club de Lectura

Un neno e un vello, Muidinga e Tuahir, sobreviven entre os ferros queimados dun autobús ( machimbombo) escondidos, a medias, da guerra que lles rodea, da morte que se achega e que repousa entre os pasaxeiros asasinados no camiño. Entre as posesións dun deles , nunha maleta que xa non irá a ningunha parte, atopan uns cadernos (uns diarios) que falarán, a través das palabras de Kindzu, de Mozambique, da guerra, do amor, das loitas, de pantasmas, de tribos, de casuchas, de forzas da natureza, de maxia, de leccións e pasados, santos e espectros, mitos, ritos, auga, luz, árbores, vinganzas, ferezas, esperanzas, desfeitos, morte e vida.. Os cadernos suporán para o neno e o vello, non só entretemento, senón esperanza, que quizais non lles leve a ningunha parte, pero xa é máis do que teñen; e atoparán, entre esas páxinas feridas un explicación a cousas que pasan, e quizais ás súas propias vidas.

A reunión será coma sempre na sede do Ateneo Valle-Inclán (bar Plaza) á 20:30 do xoves 16 de xuño.

Deixar un comentario

Arquivado en Club de lectura 2016-2017

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s