Reunión do club de lectura común

O próximo xoves 19 de maio ás 20:30, como xa levamos facendo dende o ano pasado, teremos a reunión do Club de Lectura na sede do Ateneo Valle-Inclán (Bar Plaza).

Comentaremos o libro VIDAS EXEMPLARES de  Uxía Casal.

Este libro recolle vinte e un intensos relatos de medo e intriga, protagonizados por seres tan extraordinarios como trastornados. Un libro, escrito na mellor tradición dos clásicos do xénero de terror, que deita a súa mirada con ironía sobre os espazos máis escuros de vidas exemplares.

Nesta obra nos fala de Ulises, un excursionista extraviado no bosque, sinte tres arrepíos, que lle impiden articular palabra, cando coñeceu a tres anciáns que padecen unha condena insoportable… Un estraño engado percorre o xardín do Pazo de Galdán desque alí apareceu o corpo de dona Arminda… Nai e filla deambulaban pola tenda baixo a atenta mirada da dependenta, que observaba sen disimulo os gustos tan dispares das dúas mulleres… Aquel condutor tiña un problema, freara o coche en seco e saltara correndo cara aos servizos do bar como se o perseguise unha fera rabiosa… A vida de Héctor e da súa compañeira mudou cando a iguana chegou á súa casa

  Contaremos coa presenza da autora.

Deixar un comentario

Arquivado en Club de lectura 2016-2017

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s