Primavera cultural

Á volta de vacacións de Semana Santa e aproveitando a celebración do Día do Libro, estase a realizar unha quincena cultural.

Contamos en todos estes días cunha exposición na aula de usos múltiples sobre Julio Cortázar, a súa obra e As Historias de Cronopios en particular, como a Exposición de Traballos das Escolas de Educación Infantil da Pobra do Caramiñal, realizada o curso pasado coa coordinación da profesora Mónica P. Montero, que tamén presenta parte da súa obra: os cronopios mariños. Estamos a falar entón de obras realizadas por nenos e nenas de 3 a 5 anos aos que se  lle deixou que mostraran a súa sensibilidade innata e o gusto pola cor sen ningún tipo de prexuízo.

Tamén hai unha pequena  mostra de arte vangardista tanto na literatura como no arte plástico.

Tamén estanse a realizar múltiples actividades onde participa parte do alumnado representando algún bocado dalgunha obra teatral moi coñecida como Don Juan Tenorio, Carapuchiña Vermella con guiñol, unha adaptación teatral da Vida de Hérculas, Alicia no País das Marabillas, pero facendo destas versión moi persoais. Alumnado do primeiro ciclo de ESO fixeron recitado de poemas.

Gran parte do profesorado, alumnado e resto da comunidade educativa participamos na lectura de El Quijote, coa cal se fixo un vídeo que se está a proxectar co canón que temos na entrada do centro.

Temos tamén unha instalación “ A Torre de Libros” que consta dunha montaxe de libros ao redor da columna máxica da entrada (chámolle así porque adáptase a calquera actividade que esteamos a facer) con proxección (cando non está a lectura do Quijote) dun pequeno vídeo realizado con stop motion dunha montaxe parecida cos mesmos libros pero noutra ocasión.

Caben destacar tamén os postos de libros que hai na entrada separados por estilos.

Contamos coa presenza de dous  autores a dar unha charla sobre a súa obra. Comezou Antón Riveiro Coello o pasado mércores co alumnado de bacharelato e está previsto que acuda tamén Carlos Mosteiro a vindeira semana.

Ao mesmo tempo estábase a realizar unha gimkana no Parque de San Roque co alumnado de 1º e 2º de ESO. O resto do alumnado de ESO o fará o vindeiro mércores.

Pensamos rematar a Quincena Cultural cun acto poético musical a cargo de alumnado e profesorado.

Todos estes actos de representacións, lecturas  e charlas teñen lugar na Biblioteca.

Esperamos que vos gusten e deixedes algún comentario ao respecto.

Por certo, xa sabedes o que é un cronopio?

Deixar un comentario

Arquivado en Actividades

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s