Videoguit do Entroido

Este xoves 7 de abril retomamos as proxeccións do recreo na biblioteca cunha estrea moi especial.

Por fin está dispoñible o video resumo do Festival de Entroido que o IES Leliadoura levou a cabo o 4 de marzo no Auditorio de Ribeira. A música elexida para a montaxe é o tema Desexos do grupo galego NAO, e nas imaxes podedes ver un repaso dos mellores momentos do festival, incluindo aos presentadores, actuacións musicais, contadores de chistes, monólogos, bailes e coreografías e por suposto o consabido desfile de disfraces.

Sen máis deixámosvos có vídeo:

Celebrado no Auditorio de Ribeira o venres 4 de marzo de 2011.
Interpretado por: alumnado do IES Leliadoura.
Organizado por: Mónica Montero Parcero (Vicedirectora do IES Leliadoura)
Música: NAO
Tema: Desexos
Álbum: As palabras espidas

Gravación: José Parada Torres (1º de Bacharelato)
Montaxe: Óscar Núñez Aguado (profesor coordinador)

Ademáis este vídeo será presentado ao Concurso Videoghit 2011 organizado polo IES Colmeiro de Silleda. O prazo deste concurso non remata ata finais de abril así que dende aquí animámosvos a presentar algún traballo máis.

3 Comentarios

Arquivado en Actividades, Audiovisual, Vídeos

3 respostas a “Videoguit do Entroido

  1. lucia

    sara!!! non se vos oeu polos microfonos e xke nn vos deixaron facer o ke keriades pero estou sefurisima de ke vos saiu moi bn!!!
    se me fixeras caso e cantaras no colexio cando tiveras oportunidade…
    enfin… CANTAS XENIAL!!!

  2. sara

    xa ese foi o fallo e grazas por todo e non te preocupes se me mandan cantar algun profe ao mellor o fajo jajajaja
    adios wapa!!

  3. Ola!

    Pégovos aquí a resposta da banda NAO á petición que lles fixen para usar o seu tema Desexos para o vídeo do festival:

    “A banda non só vos dá permiso senón que se sinte orgullosa de que unha canción nosa acompañe un video deste tipo (especialmente se é para rapaces novos). Tamén tedes o noso beneplácito en empregala para presentala co seu vídeo no vídeoghit.
    Se nos envías unha dirección postal vos facemos chegar un agasallo para eses alumnos tan fans de NAO.
    Sen máis recibide un cordial saúdo

    Pablo Carracedo Jasper
    NAO”

    Dende logo así da gusto! Cando chegue o agasallo xa volo farei saber para sortealo ou poñelo na biblioteca a disposición de todos e todas 🙂

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s