Xa é primavera no IES Leliadoura

Despois destes días de choiva, o noso xardín quedou máis bonito se cabe.

Pero aínda se ven imaxes así:

O Equipo de Biblioteca e a Dirección estamos traballando nunha campaña de concienciación sobre a necesidade de coidar o material común e o entorno. Como sabedes xa se comenzou hai unhas semanas, e empezouse dentro do centro. Vanse notando os cambios, tanto que ata os productos de limpeza estanse a tranformar en flores (incluso enriba dunha porta destrozada).

 

 

 

 

 

 

 

 

 

En conxunto coas titorías, tamén xa comenzamos a limpar o patio, xardíns, …., é dicir, a zona exterior. É unha tarefa de todos e todas e é necesario para que todos nós tomemos conciencia da  importancia de ter un entorno limpo e agradable.

Merece a pena, non?

Fagamos o posible para non tranformarnos como o protagonista da seguinte curtametraxe   (pincha aquí e verás unha curtametraxe titulada Container)

7 Comentarios

Arquivado en Xeral

7 respostas a “Xa é primavera no IES Leliadoura

  1. sara

    eu tamen estou farta de ver papeis no chan e kando vexo k os meus amigos ou amigas tiran algo, berrolles e colleno.
    pero como non so somos nos temos que recoller todos a baoiras de todos e ainda asi non aprenden…..
    ei de buscar outros metodos que se me ocurran e profe, ” Aguado” xa chos contarei para k llos digas aos demais profes!
    animo profes que o facedes moi ben!!!

  2. Moitas grazas polo teu apoio Sara! Teño que dicir que eu non participei moito na campaña de limpeza, estou totalmente dacordo, pero é unha iniciativa da Dirección e doutros membros do equipo da Biblioteca: Marusela, Lola, Mónica, Mercedes, Pura, Teresa, etc.
    Estamos abertos a todo tipo de ideas e suxerencias para mellorar o centro, as actividades, a convivencia e o ambiente para todos, segue participando así!

    Aproveito para contarvos que durante esta semana e a seguinte hai aberto un concurso de ideas de reciclaxe ou reutilización dos residuos informáticos que expoñemos na planta baixa xunto ao futbolín, botádelle un vistazo a este artigo: https://bibliotecaleliadoura.wordpress.com/2011/04/06/taller-tic/

    😉

  3. sara

    pois un dos metodos que teño e poñer papeleiras ke chamen a atencion…
    kero decir….
    decorativas, non compradas feitas por nos..
    eu sei k nn e moi boa idea pero so digo k e unha delas, agora si,e unha nn moi boa idea… jajaja

    un saudo

  4. lucia

    non son do leliadoura pero…..
    e se provades co castigo¿???
    por exemplo o que tire recolle todo o ke aia non so o seu
    dixomo sara na miña casa, e idea dela
    ou poñer cousa ke se leven agora, komo di sara, tedes ke facer dalgunha forma papeliras que chamen a atencion….
    ela onte nun parke dixome ke se probarades 2 dias a poñer nas papeleiras non tirar lixo, a xente ke tira papeis ao chan tirariaos na papeleira xke nn se poden tirar.
    pero o problema estan nos ke non tiran papeis…
    non sei faladeo con sara que todo e idea dela…
    chao!!

  5. sara

    profe xa che coñezo, xa sei quen eres!!!

  6. Pois parécenme ideas moi interesantes!

    Ao mellor se podían pintar as papeleiras como se foran canastas de baloncesto a ver se así se animan a “encestar”

    Bo traballo rapazas! 😉

  7. sara

    so penso o mellor para que non rompades tanto o lombo…
    de nada!!
    se queredes ideas pedidemas.. ke vos ei de axudar!!!
    ata logo!!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s