Rafting no río Ulla

Hoxe, xoves 31 de marzo, alumnos do IES Leliadoura (2º e 3º da ESO e PCPI) participaron nunha actividade de rafting no río Ulla. No descenso do río e, alternando entre rápidos e augas máis tranquilas, houbo chapuzóns, saltos e mesmo abordaxes, pero sobre todo moita diversión. O sol acompañou neste día primaveral e, unha vez fora do río, o grupo parou a comer en Padrón antes de voltar de novo a Ribeira.

Rafting no río Ulla

A actividade, contratada coa empresa Arrepións, foi organizada polo profesor de educación física Manolo Axeitos, ao que acompañaron os tamén profes Alicia Rodríguez, Óscar Núñez e Jeremy Dickinson.

Deixar un comentario

Arquivado en Actividades, Fotos, Vídeos

Deixar un comentario