Reunións do Club de lectura Leriadouro

Os dous grupos do Club de lectura Leriadouro reuníronse de novo os pasados 23 e 28 de febreiro esta vez para falar do libro AS VIAXES DO PRÍNCIPE AZUL de Darío Xohán Cabana.

Así que, despois de xantar, demos comezo ás actividades. Primeiro proxectamos un vídeo que o autor tivo a amabilidade de enviarnos cun saúdo especial para os membros do club, e onde nos falou un pouquiño do libro; e por se fora pouco, ofreceuse a vir algún día para que poidamos preguntarlle ou comentar cousas referentes á súa obra. Todo un luxo!

Este vídeo foi seguido da lectura dunha biografía do autor escrita polo propio Darío e  logo comentamos algún aspectos do libro, demos as nosas opinións, fixemos una lectura dramatizada de algún fragmento  e proxectamos una inxeniosa e colorista presentación Power Point feita por unha compañeira, na que se  mostraba a gran variedade de Príncipes Azuis coa que estamos familiarizados a través da literatura, do cine, e tamén da realidade; e na que se presentaban cuestións que logo levamos a debater.

Despois desta presentación, e coa intención de organizar o pequeno debate do que xa falamos, dividímonos en grupos de 4 ou 5 persoas para falar de catro temas tratados no libro e que titulamos: Metas Vitais, Os Roles,  A Maternidade/Paternidade, Tipos de Goberno.

Por último, fixemos un xogo no que a partir dos datos dos tejuelos  de determinados  libros que hai na Biblioteca, tiñamos que ordenar e completar uns pequenos textos relacionados con eses catro temas  debatidos.

E como premio, comemos un auténtico Pastel Real de galletas Príncipe, chocolate e fresas . Un postre de fábula!!!

Só nos queda recordar que proximamente, no mes de Abril , terán lugar as seguintes reunións do club. Esperamos recibir suxerencias tanto de posibles lecturas como de actividades e desexamos que  nos  seguintes encontros  TODO@S teñamos lido o libro proposto e que a participación do alumnado sexa cada vez  máis   visible.

Deixar un comentario

Arquivado en Club de lectura LERIADOURO

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s