Reunión Club de Lectura do mes de marzo

No Club de Lectura xeral, como decidín chamalo, temos a seguinte reunión o día 24 de marzo, e como sempre ás 20:30, na sede do Ateneo Valle-Inclán (bar Plaza, piso superior)

O libro é SETE PALABRAS de Suso de Toro

SETE PALABRAS é unha narración emotiva e cativadora que discorre polo indefinido linde entre a biografía e a ficción. Entrecruzando con acerto distintos xéneros e as notas tráxicas coas de humor, Suso de Touro bríndanos unha obra literaria de múltiples facetas. Un relato de viaxes, tanto físico como íntimo todo ó máis profundo do ser, en busca da identidade familiar e do propio acougo. Unha narración de intrigas e misterios; un monólogo infestado de reflexións metaliterarias; unha novela da memoria, persoal e colectiva, que enxalza aos desherdados da terra de onte e de hoxe. Un relato de familia en suma, tramado coas vimbias da mellor tradición literaria, no que subxacen o peso da ausencia e do abandono, do amor paterno-filial coas resonancias bíblicas das Sete Palabras.

Cabe resaltar que contaremos coa asistencia do autor, Suso de Toro,  na reunión.

Deixar un comentario

Arquivado en Club de lectura 2016-2017

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s