PROGRAMACIÓN DO CLUB DE LECTURA COMÚN PARA O SEGUNDO TRIMESTRE

Polo de agora vou denominar así ao Club de lectura que xa leva funcionando dende o curso pasado, en conxunto cos outros dous institutos, ANPAs e calquera persoa que lle apeteza(que son moitas), e que nos reunimos unha vez ao mes na sede do Ateneo Valle-Inclán (bar Plaza). Polo de agora non ten nome propio, polo que agora denominareino como Club de Lectura Común, para distinguilo do Club de Lectura Leriadouro, que é o que se desenrola no centro.

Para o segundo trimestre do curso, ou sexa para o primeiro deste ano 2011, temos xa concretados dous títulos. Estes son:

EL CORAZÓN DE LAS TINIEBLAS de  Joseph Conrad

A través dun personaxe ficticio (o vello mariñeiro Marlow), Conrad describe unha travesía polo río Congo en busca do señor Kurtz que é o xefe dunha explotación de marfil. O encontro con Kurtz, será a confirmación da hipócrita actitude colonialista e pon en cuestión o seu carácter de cruzada moral e comercial.
Esta viaxe real e metafórico en busca de Kurtz servirá a Marlow e a nós mesmos para explorar no interior da alma humana, reflexionar sobre a corrupción natural do home, a tolemia do poder, a confrontación entre o ben e o mal, e o significado moral da explotación colonial, grazas á excelente definición psicolóxica e ambiental de Conrad, quen impregna a novela dun ton sombrío cunha rica e lóbrega imaxinería.

Traducido tamén ao galego cos títulos:  CORAZÓN DA ESCURIDADE e O CORAZÓN DO NEGROR


A REUNIÓN PARA FALAR DO LIBRO SERÁ O XOVES 20 DE XANEIRO ÁS 20:30, NA SEDE DO ATENEO VALLE-INCLÁN (BAR PLAZA, PISO SUPERIOR)

Aproveitando esta lectura, sería recomendable ver a película Apocalypse Now, dirixida por Francis Ford  Coppola en 1979, cuxo guión está baseado nesta novela aínda que trasladando a acción á invasión estadounidense de Vietnam. (Tamén a temos na biblioteca)

O libro para o mes de febreiro será RIÑA DE GATOS de Eduardo Mendoza

Un inglés chamado Anthony Whitelands chega a bordo dun tren ao Madrid convulso da primavera de 1936. Deberá autenticar un cadro descoñecido, pertencente a un amigo de José Antonio Primo de Rivera, cuxo valor económico pode resultar determinante para favorecer un cambio político crucial na Historia de España. Turbulentos amores con mulleres de distintas clases sociais distraen ao crítico de arte sen darlle tempo a calibrar como se van multiplicando os seus perseguidores: policías, diplomáticos, políticos e espías, nunha atmosfera de conspiración e de algarada.
Os excepcionais dotes narrativos de Eduardo Mendoza combinan á perfección a gravidade dos sucesos narrados coa presenza, moi sutil, do seu coñecido sentido do humor, xa que toda traxedia é tamén parte da comedia humana.
A REUNIÓN PARA FALAR DO LIBRO SERÁ O XOVES 24  DE FEBREIRO TAMÉN ÁS 20:30

1 comentario

Arquivado en Club de lectura 2016-2017

Unha resposta a “PROGRAMACIÓN DO CLUB DE LECTURA COMÚN PARA O SEGUNDO TRIMESTRE

  1. ANONIMO

    OSEA KE LIBRO HAI KE KOMPRAR PARA O CLUB¿?¿?¿?

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s