Primeira reunión do Club de Lectura Leriadouro

O pasado mércores 24 de novembro tivemos o primeiro encontro do Club de Lectura Leriadouro.

Era un pouco unha toma de contacto, empezar a coñecernos, ver cales eran as expectativas de cada un dos lectores/as, un pouco explicar cales eran as nosas ideas a poñer en marcha e en fin, con todo isto ir fraguando o noso club de lectura.

Eramos 29 alumnos e alumnas e dúas profesoras e comezamos comendo na propia biblioteca, xa que nos reunimos xusto ao rematar as clases. Despois de deixar todo recollido (por suposto), falamos un pouco das dúas propostas de lecturas para este trimestre.

Unha delas eran obras de Edgar Allan Poe, escritor nortamericano (1809-1849), do cal,  despois de situalo no tempo e espazo e saber algo da súa vida, falamos sobre a sua obra, pero sobre todo dos seus relatos de medo e poemas .

Edgar Allan Poe, abre as portas a un novo xénero narrativo donde a realidade e a ficción se amalgaman atrapando o lector de todos os tempos. A súa influencia  na cultura, tanto popular como académica, foi crecendo co tempo e na actualidade podemos disfrutar da súa obra non só nos libros, senon que tamén foi levada ao cine en numerosas ocasións, en curtametraxes, música (Radio Futura ten un tema sobre Annabel Lee), etc.

Resaltamos a importancia do narrador nos relatos, que soen ser en primeira persoa,  poñendo algunha mostra como un bocado de El pozo y el péndulo, narrado por Constantino Romero, e incluso outros relatos noutros idiomas.

Un dos poemas máis representativos é El cuervo, que tamén é tido en conta, como non,  nun episodio dos Simpsons. Tamén puxemos un trozo doutro capítulo onde se tocaba un relato de Poe: El corazón delator (aquí mostramos unha curtametraxe de animación narrada por James Mason, subtitulada en castelán).

A outra proposta era un libro de Darío Xohán Cabana: As viaxes do príncipe azul, sobre o que se mostrou un power-point interactivo,  pero a súa lectura  quedará posposta para o próximo trimestre.

Como foron moitos alumnos os presentes e todavía se apuntou algún máis,  á volta das vacacións temos previsto facer dous grupos: un para o luns 17 de xaneiro e outro para o mércores 19 ( a división dos grupos o faremos o profesorado, para facilitar o desenvolvemento da actividade)

O relato escollido foi O escaravello de ouro, do cal hai bastantes exemplares na biblioteca tanto en galego como en castelán;  pero como falamos doutros relatos tales como O gato negro, ademais dos xa citados anteriormente,  propuxemos que lesen algún máis de forma voluntaria, dando tamén a opción de ler algún en inglés que estén recollidos en Tales of mystery and imagination.

Poderanse facer lecturas en voz alta, representacións, etc.

Agardamos a vosa participación!!!

Deixar un comentario

Arquivado en Club de lectura LERIADOURO

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s