I Concurso Medo. Gañadores.

Concurso de MedoFinalizou o I Concurso de Medo no IES Leliadoura!! Moitas grazas a todas e todos pola vosa participación!

Premios do Xurado:

  • Mellor Ilustración: A Familia Denali, de Sara Paz (ESO 3B)
  • Mellor Relato (1º ciclo): ¡AAAH!, de José Olveira Rodríguez (ESO 2B)
  • Mellor Relato (2º ciclo): Hannibal Lecter, de Manuel Ángel Millán (ESO 3C)
  • Mellor Relato (BAC e Ciclos): La matanza de los cuentos infantiles, de Sabela Recamán Parada (BAC 1B)
  • Mellor Relato (Profes e Persoal Non Docente): El Paseo, de Óscar Núñez Aguado (Informática)
  • Premio Especial Aao Relato en Inglés: Freddy Krueger, de Mari Carmen González Sobrido (BAC 1B)

Premios do Público:

E realizado tamén o sorteo entre todos os votantes, temos un premio tamén para Manuel Fernández!

Noraboa a tod@s!

Votación de Relatos

Relato Votos %
A Presenza 10 33,00%
Noche de Halloween 5 17,00%
¿Habré Muerto? 3 10,00%
Hannibal Lecter 2 7,00%
La Sombra 2 7,00%
¡AAAH! 1 3,00%
El loco de la fábrica 1 3,00%
El Pájaro 1 3,00%
El soldado 1 3,00%
Freddy Krueger 1 3,00%
La matanza de los cuentos infantiles 1 3,00%
Mi Visión de la Muerte 1 3,00%
Tras as portas 1 3,00%

Votación de Ilustracións

Ilustración Votos %
Pantasma no cemiterio 9 30,00%
Zombi 7 23,00%
Gárgola 5 17,00%
A Portada 3 10,00%
A Familia Denali 2 7,00%
Vampiro Psicodélico 1 3,00%
A Morte 1 3,00%
Árbore Vampira 1 3,00%
Terror 1 3,00%

13 Comentarios

Arquivado en Actividades, Concursos

13 respostas a “I Concurso Medo. Gañadores.

  1. non importa

    non vexo xusto que ás persoas que participaron non se lles entregue nada.
    Ademais os maiores tiveron mais ventaxa ca nos porque teñen mellor expresion escrita ka nos.Doubos 1 consello para o ano:
    facede un concurso para os de bacharelato,cpi……
    outro para os de 3 e 4,
    e outro para 1 e 2
    sería mais guai cpmpetir ebtre cursos.
    bueno chaooo!!!!

  2. Manuel Lois Sieira

    Primeiro de todo deberías enterarte ben do que dis, porque os premios que había xa estaban repartidos entre 1ºciclo da eso (1º e 2º de ESO); 2º ciclo da eso (3º e 4º da ESO) e bacharelato e ciclos.

    Non sei se asistiches ou non á entrega de premios pero os premios foron os seguintes: Ilustración máis votada polo público, Mellor Ilustración, Mellor relato de 1º Ciclo da ESO, Mellor relato de 2º Ciclo da ESO, Mellor relato de Bacharelato e Ciclos, Relato máis votado polo público, e mellor relato dun profesor. Houbo un premio extraordinario para o mellor relato en inglés.

    En total 8 premios, non solo os dous que se mostran nesta entrada do blog.

    P.D. Eu tampouco vexo xusto que algún relatos gañadores sobrepasaran as 10 liñas, porque nas bases estaba claramente especificado que tiña que ter ao redor de 10 liñas (eu creo que ao redor de 10 liñas son 11 ou 12, non 15 nin 20).
    Grazas.

    • Biblioteca Leliadoura

      Manuel, estamos totalmente dacordo contigo, pero por esta vez decidimos ler e valorar todos debido a escasa participación.
      Tamén tivemos outro gran fallo, como o de non separar nas votacións os traballos segundo os niveis, pero temos que ir aprendendo pouco a pouco, xa que esta é a nosa primeira experiencia nun concurso con votación popular nun blog.
      Para as seguintes propostas que fagamos seremos máis estrictos no seguimento das bases.
      Un saúdo.

  3. non importa

    ves manu, sei moi ben do que falo…..
    e si asistin a entrega de premios.
    non vos quería ofender aos da bivlio pero é o que penso……
    co de inglés estou de acordo contigo…
    pero os relatos deberianse votar por eles en un papel e votalos dentro dunha urna ou caixa para os ke non teñan internet.Ou iso creo vamos…..

  4. non importa

    manu e non é por ser cruel, todo o contrario. amin gustoume o teu relato o que pasa e ke alguns cremos ke non sta moi rematado e iso non………
    enserio non cho digo por mal…..

  5. Ola a tod@s, parece que se iniciou un debate 🙂

    Eu tamén quería facer algún comentario, como parte do equipo da biblioteca e como principal responsable da publicación dos relatos e dos resultados (en dúas tandas pois non puiden estar na entrega de premios) no blog:

    en primeiro lugar, como xa se dixo, esperamos poder mellorar a organización para próximos concursos. pero esta vez foi como foi. Neste sentido agradecemos todos os vosos comentarios para facelo mellor a próxima vez 🙂

    Sobre os premios e os regalos para os participantes, oxalá tivéramos máis fondos para repartir pero andamos un pouco escasos. De todos os xeitos ao mellor poderiamos ter sorteado algunha camiseta polo menos entre os participantes non premiados.

    E sobre a votación electrónica, ainda que o formulario en Internet non é perfecto, sí que é o xeito máis cómodo e rápido para recibir os votos. É certo que se poderían ter separado as votacións por niveis, collemos nota. Pero sobre o de ter ou non Internet na casa, igual esto é deformación profesional de profesor de informática, pero na miña opinión hoxe en día ninguén ten excusa para non ter correo electrónico (ainda que non era necesario para participar nin para votar) nin hai excusa tampouco para non conectarse a Internet dende a propia biblioteca, un cíber, ou un de tantos lugares que teñen conexión wifi gratuita. Unha furna para recoller votos en papel complicaría bastante o sistema, daría máis traballo e ata sería peor para o medio ambiente. A pesar de todo pódese pensar para próximas votacións. Grazas polos vosos comentarios!

    Un saúdo a tod@s 😉

  6. non importa

    vos pensades k todo o mundo é koma vos…..
    pois non, non todo o mundo é rico.
    non o digo x min senon polas persoas k kerian votar e por non ter inter non puideron………

    chao!!!!!

    • A ver, non sei se malinterpretarías o que escribin antes. Xa sabemos que non todo o mundo ten Internet na casa, e que pola desidia das compañías de Internet hai moitos sitios que nin teñen a posibilidade de conexión. Pero non é cuestión de ser rico ou non, senón de saber que hai moitos sitios desde os que conectarse gratis, como a biblioteca do Leliadoura, a biblioteca municipal de Ribeira e, se dispós dun portátil ou dun móvil con wifi, tantas e tantas cafeterías que ofrecen wifi gratuito. E logo pagando un pouco hai a opción dos cíbers. Tamén é certo que hai ter unhas nocións básicas de informática para usar un ordenador, navegar por Internet e chegar a cubrir o formulario de votación. Esta vez fixémolo así e non se nos ocorreu a opción da furna, pero como xa che dixen, anotámola para próximas votacións e sorteos.

      Por outra parte, non hai que ver Internet como unha limitación, senón como unha oportunidade. Para que? Pois para difundir mellor a información e para comunicarnos mellor, a calquera hora e dende calquera sitio onde haxa conexión á rede. Así, por exemplo, publicando os relatos no blog máis xente os pode ler e decidir así a quen votar, e facelo dende a súa casa ou a de un amigo, ou dende unha cafeteria ou dende unha biblioteca pública, en calquer momento. Imaxínate que o único xeito de acceder aos relatos fose imprimilos todos e deixalos na biblioteca en formato de libro para quen o queira pedir en préstamo, ou que só se puidera votar achegándose ao instituto a deixar o papel na furna, non sería peor? Esto é so un exemplo, seguramente a mellor solución sexa combinar as dúas opcións.
      Internet ten moitas aplicacións! O problema da infraestrutura (o ordenador, a conexión) é algo que hai que mirar de solucionar. Neste sentido estou dándolle voltas xa a unha idea que a ver se podemos poñer en práctica.

      Para rematar, como xa se dixo antes tamén, o concurso pódese mellorar en moitos aspectos (distintas categorías por niveis, votacións en Internet e en furna, sorteo de regalos entre os participantes non premiados, etc.), e, coa vosa colaboración e comentarios, esperamos facelo mellor a próxima vez. Por iso, de novo, moitas grazas por participar! 🙂

  7. anónimo

    apoiamos a esta persoa somos o grupo de bacharelato e alguns nen@s de
    1º e 3º.Pensamos igual ke ela sobre isto.
    ISTO NON É XUSTO!!!!!!!!!!!!!!

  8. non importa

    grazas chic@s!!!!

  9. rumores de amigos...

    Maria infante ruiz é a mellor profe da historia e tamen titora.
    Ánimo profe!!!!!!!!!!!!!

    e o ke me din os colegas por ahí ….
    bye!!

  10. non importa

    xa vos cansastedes do debate……xdxdxxdxdxdxdxdxdxdxdxxdxdxxdxdxd

    bye!!

  11. sara

    Notase que hai ganas de disputas… Non berredes sin razon, que non fai falla 😉

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s