Club de Lectura “Leriadouro”

Logo BibliotecaO equipo da Biblioteca do IES LELIADOURA, coa intención de fomentar o gusto pola lectura, de compartir experiencias a partir dos libros e doutros materiais textuais, e de disfrutar de actividades variadas, invita a toda a comunidade educativa a facerse membro@s do “Club de Lectura Leriadouro” .

ORGANIZACIÓN:

  • Formaranse dous grupos atendendo a dous niveis de lectura entre os que se pode elixir libremente.
  • Escollerase UN LIBRO POR TRIMESTRE para cada un dos dous grupos.
  • A Biblioteca dispoñerá dos exemplares recomendados.

  • Cada grupo terá UNA REUNIÓN MENSUAL.
  • As reunións serán de 14:30 a 15:30 os LUNS ou os MÉRCORES.
  • Publicarase un calendario de reunións.
  • Os membros do club recibirán un CARNET DE LECTOR do club “Leriadouro”, onde se recollerán os datos da súa participación.
  • A PARTICIPACIÓN CONTINUADA neste club será premiada con ventaxas en empréstitos da Biblioteca Escolar, compensacións nas notas, etc, ; pero tamén penalizado coa retirada do carnet a aqueles que reiteradamente e sen xustificación deixen de participar ou asistir .

ACTIVIDADES:

Ademais de COMPARTIR AS NOSAS IMPRESIÓNS sobre os libros escollidos, os coordinadores do club realizarán ACTIVIDADES DIVERSAS que estean relacionadas con esas lecturas .

Exemplos de actividades:

  • Encontros con escritores, ilustradores, creadores…
  • Viaxes ou pequenas saídas ao contorno.
  • Concursos e Xogos.
  • Encontros con membros doutros clubs.
  • A Maleta Viaxeira
  • Etc.

INTERESAD@S

Acudir á reunión que terá lugar na Biblioteca o día 19 de Novembro ás 11:30 horas.

Confirma a túa asistencia á reunión a través do correo da Biblioteca: biblioteca@leliadoura.com.es.

 

3 Comentarios

Arquivado en Actividades, Club de lectura 2016-2017

3 respostas a “Club de Lectura “Leriadouro”

  1. non importa

    a profe maria infante é boísima!!!!!!
    caime xenial e é a miña profe favorita…….
    Eres a mellor profe!!!!!!!!!!

  2. non importa

    asi se fala sabe!!!!!!!!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s