A Morte

Concurso de Relatos de MedoEra noite de Novembro de 1964, se non recordo mal, esa noite; ventaba, chovía, tronaba, bueno era unha noite non das mellores das que vivira porque aí, esa noite… mellor cóntovos o que aconteceu de principio a fin.

Ese día facía 9 anos que morrera miña nai, e ía levarlle unhas flores polo menos para visitala unha vez ao ano xa que nunca facía gran cousa por ela. O chegar alí o cemiterio estaba cheo de xente e con tanta flor non había quen atopara a tumba que eu buscaba. Pasara xa bastante tempo cando me dacatei, a xente íase pouco a pouco mentres que eu seguía buscando. De repente, oín unha voz que saía de, non sei onde, e non lle fixen caso, pero dalí a un pouco volvina escoitar, pareceume que saía dunha tumba e pensei que tiña alucinacións, pero, xa me dirás ti se a escoitas unha terceira, e unha cuarta vez, non lle farías caso? Eu fíxenllo e seguín o son ata que me levou a unha tumba; estaba aberta e… quixen acercarme a ver o que contiña no seu interior, alguén me empurrou e caín dentro dela. Aí quedei taparon a tumba e os ollos cerráronseme non sei porque. Dende aquela estou eu aí, aínda co ramo de flores na man, o peor e que miña nai íase enfadar por non visitala, pero…

Calavera

Deixar un comentario

Arquivado en Concursos

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s