A Meiga de Pinisqueira

Concurso de Relatos de MedoCando eu era un rapaz, e aínda non existia a luz eléctrica, todos os veciños tiñamos que ir a un rio a lavar a roupa; era o rio de Pinisqueira.

Saíamos todos xuntos e, pasabamos, para chegar ao rio, ao lado do “Muelle Fenicio”; contaban os máis vellos que realmente non era un peirao, senón que, antiguamente, había unha meiga que pedía un tributo por cada persoa que por alí pasaba para ir ao rio. Quen non o pagaba era convertido en pedra; pouco a pouco, a meiga, foi facendo o muelle coas almas convertidas en pedras das persoas que non lle pagaban.

Fai poucos meses volvín a pasar por ese lugar e observei que había máis pedras que da última vez, e quedei escondido para ver que era o que sucedia. Despois de varios días vixiando, vín que pasaba polo lugar unha parexa de namorados, e de seguido, como saida da nada, apareceu unha vella que se puxo a falar con eles, de súpeto, eles empezáronse a rir e seguiron o seu camiño, a vella mirounos fixamente e desapareceu entre a arboleda.

Ao día seguinte saiu no periódico que unha parella desaparecera cerca da zona de Pinisqueira; rápidamente fun correndo ao lugar, e vín que o muelle tiña unha pedra máis, en forma de corazón.

Dende aquel día, sempre que paso por ese lugar levo algo nos bolsillos, por se a vella me pide o tributo.

Atréveste ti a non darllo?

555

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Concursos

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s