I Concurso de Relatos e Ilustracións de Medo

Concurso de Relatos de MedoA Biblioteca e os Departamentos de Linguas, (Galega, Española, Inglesa, Francesa) e o Departamento de Plástica convocan o I concurso de narración curta e ilustración sobre

o medo para toda a comunidade escolar do IES LELIADOURA.

Este concurso presenta tres modalidades:

  1. Narración curta con ilustración.
  2. Narración curta.
  3. Ilustración.

BASES

  • O tema será “O Medo” e cada traballo deberá ter un título.
  • Os textos deberán ter una extensión máxima de arredor de 10 liñas, mecanografadas en letra Arial, tamaño 12 e a dobre espazo.
  • As ilustracións, empregando técnica libre, deberán presentarse en formato DIN A4 .
  • Os traballos deberán ser enviados ó seguinte enderezo electrónico bibliotecaleliadoura@gmail.com (ou biblioteca@leliadoura.com.es) asinados cun seudónimo.
  • Os datos do autor (nome, apelidos e curso) deberán deixarse na Biblioteca dentro dun sobre pechado e co seudónimo escrito por fóra.
  • As ilustracións, ademáis de poder enviarse escaneadas por correo electrónico, tamén poderán ser entregadas na Biblioteca dentro dun sobre co seudónimo escrito por fóra.
  • Cada autor poderá presentar cantos traballos desexe.
  • Un xurado integrado por distintos membros da comunidade escolar encargarase de facer una selección dos mellores traballos.
  • Ademais deste xurado, abrirase un prazo para facer unha votación popular a través de Internet unha vez pechado o prazo de inscrición. Sortearanse premios sorpresa entre os votantes.
  • Os traballos iranse publicando no blog da Biblioteca biblioteca.leliadoura.com.es conforme se vaian entregando, para que os participantes, espectadores e curiosos os poidan ir disfrutando, valorando, comentando e votando.

CATEGORÍAS

a. Primeiro ciclo de ESO.

b. Segundo ciclo de ESO.

c. Bacharelato e Ciclos formativos.

d. Profesorado e persoal non docente.

Prazo de presentación: Venres 5 de novembro do 2010.

Os gañadores daranse a coñecer o día da celebración do Magosto

HABERÁ UNS PREMIOS DE MEDO!

1 comentario

Arquivado en Actividades, Concursos

Unha resposta a “I Concurso de Relatos e Ilustracións de Medo

  1. Pingback: ¿Habré Muerto? « Biblioteca Leliadoura

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s