LA PUERTA OSCURA de David Lozano


LA PUERTA OSCURA. EL VIAJERO

Co Viaxeiro comeza a triloxía de novela gótica de David Lozano, unha epopea contra o mal na que o esquema clásico do xénero fantástico rompe cando é o protagonista humano o que interfire no mundo dos mortos.
Unha historia verosímil con reminiscencias góticas e sinistras onde fantasía, terror, amor e amizade transcorren nas rúas e cemiterios máis lendarios e esotéricos de París.

LA PUERTA OSCURA. EL MAL

O Mal sobreviviu. Tras rescatar a Michelle do mundo dos mortos, Pascal pensaba que a súa aventura como Viaxeiro terminara. Pero o pesadelo non fixo máis que empezar. Xunto á súa amada Michelle, Pascal tamén liberou a un condenado: Marc, un neno de aspecto inocente que, en realidade, é unha criatura maligna que espera a súa oportunidade para instalarse de forma definitiva no mundo dos vivos cun único obxectivo: matar.

LA PUERTA OSCURA. RÉQUIEM

En Réquiem descubriremos que a loita entre a luz e a escuridade non terminou. O Mal continúa no mundo dos vivos e, nesta ocasión, ameaza a Jules Marceaux, un dos mellores amigos de Pascal (O Viaxeiro). Pascal terá que enfrontarse a un novo desafío no Máis Aló, onde terá que dirixirse para atopar o único antídoto que pode salvar a Jules do maleficio que o arrastra cara ás tebras

Deixar un comentario

Arquivado en Libros

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s