CLUBE DE LECTURA: A PISTA DE AREA de Andrea Camilleri

A novela comeza cun suceso estraño, Montalbano ve desde a súa fiestra o corpo dun cabalo que foi salvaxemente ferido e golpeado. Cando avisa á protectora de animais, o cadáver do animal desapareceu misteriosamente. Asqueado e indignado pola matanza que sufriu o pobre animal, inicia unha investigación que lle mergulla no mundo das carreiras de cabalos, un ámbito que descoñece pero no que contará coa providencial axuda da súa amiga Ingrid.

As carreiras de cabalos levaranlle ata a mafia e as carreiras clandestinas e as apostas que moven millóns de euros. Nestes ambientes móvense persoas de alto nivel, celébranse festas benéficas e desfilan personaxes moi peculiares Detrás desta fachada hai un tufo a negocios sucios, intrigas e vinganzas que colocarán a Montalbano nunha complicada situación xa que sentirá vixiado e acosado, a súa vida correrá perigo.

 Andrea Camilleri é guionista, director teatral e televisivo, e en 1978 debutou como novelista. Pero, foi en 1994 (ano en que se publica a novela A forma da auga) coa creación do comisario Salvo Montalbano e a súa serie de novelas policíacas, cando se converteu nun dos escritores de máis éxito do seu país.
O nome do popular comisario foi elixido como homenaxe ao escritor español Manuel Vázquez Montalbán.

 

Reunión para comentar o libro no Ateneo Valle-Inclán (Bar Plaza) o xoves 17 de xuño ás 19:45.

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Club de lectura 2016-2017

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s