RECOMENDACIÓNS CINEMATOGRÁFICAS PARA ESTE MES

GRAN TORINO Dirección: Clint Eastwood      2008

Reparto: Clint Eastwood, Bee Vang, Ahney Her, Christopher Carley, John Carroll Lynch

Sinopsis: Walt é un ancián groseiro, duro e chapado á antiga. Tras a morte da súa esposa e o pasotismo por parte da súa propia familia, a personalidade de Walt agréase aínda máis se cabe. Para completar o seu resentimento, o seu barrio parece estar infestado de coreanos, xente á que combateu na guerra anos atrás e á que ve como uns bárbaros. O único alivio para Walt é o seu Gran Torino, un coche lendario que coida con extremo agarimo. O intento de roubo do coche por parte dun dos seus veciños orientais, cambiará a vida de Walt para sempre.

THE VISITOR Dirección: Thomas McCarthy      2007

Reparto: Richard Jenkins, Haaz Sleiman, Danai Jekesai Gurira

Sinopsis: Walter Vale, de sesenta e dous anos, camiña como sonámbulo pola súa propia vida. Perdida a súa paixón por ensinar e escribir, enche o seu baleiro existencial intentando infrutuosamente aprender a tocar o piano clásico. Cando a súa universidade envíalle a Manhattan para asistir a unha conferencia, Walter queda sorprendido ao descubrir que unha moza parella instalouse no seu apartamento. Vítimas dunha estafa inmobiliaria, Tarek, de nacionalidade siria, e Zainab, a súa noiva senegalesa, non teñen onde ir. Na primeira dunha serie de probas para o seu corazón, Walter permite de mala gana que a parella quede con el.

BIENVENIDO MR. CHANCE       Dirección: Hal Ashbi 1979

Reparto: Peter Sellers, Shirley MacLaine, Melvyn Douglas

Sinopsis: Logo de publicar a novela Benvido Mr. Chance, o seu autor Jerzy Kosinski recibiu un telegrama moi curioso no que alguén que se facía pasar polo personaxe protagonista de xardineiro Chance, escribía: “Estou dispoñible dentro ou fóra do meu xardín”. Engadíase un número de teléfono e Kosinski marcouno. Alén da liña contestou a voz de Peter Sellers. Foi loxicamente este lendario actor o que finalmente protagonizou a película nunha das máis memorables interpretacións da súa carreira que lle supuxo un Nomeamento ao Óscar ao Mellor Actor. Desde a primeira escena, a película consegue o noso sorriso e progresivamente a nosa complicidade a medida que nos relata a meteórica ascensión ás altas esferas da política americana dun pobre infeliz que só sabe de xardinería e do que ve na televisión.

UP Dirección: Pete Docter, Bob Peterson     2009

Animación

Sinopsis: “Up” conta a historia dun vendedor de globos de 78 anos, Carl Fredricksen, quen finamente consegue levar a cabo o soño da súa vida ao enganchar miles de globos á súa casa e saír voando rumbo a América do Sur. Pero descobre demasiado tarde que a maior dos seus pesadelos embarcouse tamén na viaxe: un explorador da xungla chamado Russell, que ten 8 anos e un optimismo a proba de bombas.

EL SUR            Dirección: Víctor Erice  1983

Reparto: Omero Antonutti, Sonsoles Aranguren, Icíar Bollaín, Lola Cardona

Sinopsis: Baseada nun relato curto de Adelaida García Morais, relata a historia de Agustín, un médico e zahorí que é capaz de descubrir co seu péndulo onde está a auga, desde a súa chegada a unha cidade do Norte coa súa muller Julia, mestra represaliada, e a súa filla Estrela aloxándose nunha casa chamada “A gaivota”. A historia desenvólvese na España dos anos 50 durante a nenez e a adolescencia de Estrela, narrando a poderosa atracción que exerce sobre ela a figura do seu pai e os segredos do pasado que desexa ansiosamente descubrir.

Deixar un comentario

Arquivado en Cine

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s