CLUBE DE LECTURA: LA JAULA DE ORO de Shirin Ebadi

Esta novela narra a historia dunha familia dividida pola Revolución e unida nun destino tráxico, o do seu país, Irán. Pero é tamén a historia dunha amizade entre nenas xurdida dun puñado de doces de améndoa que sobreviviu indemne aos impetuosos anos da infancia e á inquietude da adolescencia a través dunhas cartas que viaxaban coa regularidade dun diario íntimo, cheo de confidencias, receitas e memorias. E é, sobre todo, a historia de como dúas mulleres, en nome desa antiga amizade, loitarán pola vida e a memoria dun Irán fermoso, atormentado e cruel.

Na súa primeira novela, a premio Nobel da Paz Shirin Ebadi transpórtanos ao pasado recente de Irán a través dun relato inesquecible no que, máis aló das guerras fratricidas, quere transmitir unha mensaxe de esperanza.

Reunión para comentar o libro no Ateneo Valle-Inclán (Bar Plaza) o xoves 15 de abril ás 20:00.

Deixar un comentario

Arquivado en Club de lectura 2016-2017

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s