Receitas poéticas no club de lectura Leriadouro

O outro día no club de lectura Lola Pardo tróuxonos unha “Termomix” facedora de deliciosos poemas. Para elo trouxo tamén un precioso Libro de receitas poéticas  para que incluso os cociñeiros menos adestrados puidésemos intentar a facer as nosas propias poesías.

Aquí deixamos algunha mostra:

Poema

O luns vin as cores

O martes toquei as flores

O mércores oín cantar os paxaros

O xoves saboreei os raios do sol

O venres ulín o polen

O sábado sentín que estaba cerca

O domingo a primavera, floreceu

Poema

Máquinas que destrúen,

Traballos que consumen,

Drogas que escravizan,

Guerras que exterminan,

Persoas que matan,

Esta é a realidade.

Poema

A primavera, unha estación marabillosa.

Sabe como as cereixas

Máis doces e vermellas,

Soa ao piar dos paxaros e risas de nenos,

Ule a flores e aos amores máis puros.

Parécese á máis bonita das ilusións.

Faime sentir incrible.

 

Deixar un comentario

Arquivado en Club de lectura LERIADOURO

Reunión do club de lectura común

A reunión do mes de abril será o vindeiro xoves 26 e como sempre, ás 20:30 na sede do Ateneo Valle-Inclán (bar Plaza)

Comentaremos LA FIESTA DEL CHIVO de Mario Vargas Llosa

Espeluznante  reflexión sobre o poder absoluto, o abuso do mesmo, o servilismo e a indefensión que provoca. Centrada na tétrica figura do Xeneral Trujillo, combina elementos históricos cunha trama propia da novela negra, así como o drama persoal da protagonista; esta combinación xunto á profunda carga psicolóxica dos personaxes converten a esta novela nunha lectura imprescindible.

Deixar un comentario

Arquivado en Club de lectura

Reunións do Club de Lectura Leriadouro

1ºESO: mércores 25 de abril

2º, 3º e 4º ESO: mércores 2 de maio

Deixar un comentario

Arquivado en Club de lectura LERIADOURO

Diario de Greg

Aquí podes comentar o que che parecen as miñas aventuras, amigos, familia,…

                                      Greg

10 Comentarios

Arquivado en Club de lectura LERIADOURO

ATENCIÓN LERIADOUR@S!

Como na semana que pensabamos facer as reunións do Club de Lectura Leriadouro o mércores non hai clase pola tarde, estas quedan do seguinte xeito:

luns 26 de marzo para  1º de ESO

mércores 11 de abril para 2º, 3º e 4º ESO

2 Comentarios

Arquivado en Club de lectura LERIADOURO

Dickens no club de lectura común

O próximo xoves 22 de marzo as 20:30 na sede do Ateneo Valle-Inclán (Bar Plaza) comentaremos unha das obras do xenial escritor Charles Dickens:

        Tempos difíciles

A súa entretida trama, que mestura as vidas e peripecias, ilusións e desdichas do ríxido e práctico director de escola Thomas Gradgrind;  dos seus fillos Tom e Louisa; de  Sissie Jupe,  filla dun pallaso dun circo; do presuntuoso e mezquino empresario Josiah Bounderby e do obreiro Stephen Blackpool, entre outros personaxes,  arroxa unha visión inesquecible da Inglaterra victoriana sumida na revolución industrial.

Tempos difíciles resulta a crítica a unha filosofía que considera aos seres humanos como repostos dunha vasta maquinaria que só uns poucos dominan.

Sempre é un bo momento para ler a Dickens, un xenio clásico que sigue vixente, do que neste ano se celébrase o bicentenario do seu nacemento.

Na nosa biblioteca atoparás varias obras deste gran autor.

Deixar un comentario

Arquivado en Club de lectura

Núria Pradas visitou a nosa biblioteca

Me llamo Nuria Pradas y soy escritora. De pequeña no sabía que sería escritora. Yo quería ser maestra. Y lo fui. Durante muchos años, enseñé Lengua y Literatura Catalanas a los mayores del cole, es decir, a los chicos y chicas de la ESO y de Bachillerato. En la escuela, además de enseñar, poner deberes y corregir, hacía otras cosas, como por ejemplo una revista y dirigía un grupo de teatro. Y fue de esta manera, pensando qué obra de teatro podríamos representar, que me lancé a escribir. Así, sin darme cuenta ni nada. Después, claro, me picó la curiosidad y probé a escribir una novela, la primera, y me la publicaron. Y luego vino la segunda y… ya no he parado.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A autora comentou dous dos seus libros:

con 1º de ESO

Raidho. Un viaje con los vikingos

 

   e  cos de 2º ESO

    El misterio de la calle de las Glicinas

con moita participación e interese por parte do alumnado de ambos cursos


Deixar un comentario

Arquivado en Actividades

As fiandeiras de Antonio Piñeiro

O próximo xoves 23 de febreiro na reunión do club de lectura que temos en común, comentaremos o libro As fiandeiras de Antonio Piñeiro, home polifacético que tamén é profesor de historia no IES nº 1 (estivo uns anos tamén no noso centro)

Antonio Piñeiro xa gañou 26 premios escribindo nos xéneros: prosa, poesía, e incluso ensaio. De feito, o pasado mes de maio gañou o Avilés de Taramancos con A dama fulxente, e no mesmo ano en  Navarra  tamén  recibiu o Premio Poesía Ángel Urrutia, convocado polo Concello de Lekunberri con Niños en la lluvia. Para o premio García Barros de A Estrada escribiu unha historia que transcorre na metade do século XIX (na época da Primeira República) na comarca de Tabeirós-Deza, onde as mulleres fiandeiras deciden rebelarse contra a fábrica que vende o fío.

No argumento desenrólase tamén un paralelismo coa deusa Minerva e a fábula de Aracné, onde a mortal enfróntase coa deusa.

É, ademais, e en opinión do xurado que a votou, “unha novela intensa, que invita a reflexionar sobre o poder, o xénero, a educación ou os avances do progreso, e que está escrito cunha prosa moi plástica e cinematográfica”.

Contaremos coa súa presenza na reunión que se celebrará como cada mes na sede do Ateneo Valle-Inclán (Bar Plaza) ás 20:30

1 comentario

Arquivado en Club de lectura

Póximas reunións do Club de Lectura Leriadouro

Nas reunións da semana pasada fixemos lecturas de textos que nos gustaban, de obras tan clásicas como La isla del tesoro de Stevenson, El retrato oval de Poe, doutros máis recentes como O espíritu do cabaleiro  de Cornelia Funke, Balzac y la joven costurera china de Sijie Dai e todos e todas recomendamos algunha lectura.

Un alumno de 1º ESO leu un fragmento dun dos dous libros que está escribindo e tamén léronse fragmentos dos libros que quedaron como lectura para este trimestre:

Para 1º de ESO:  Diario de Greg de Jeff Kinney

Para 2º, 3º e 4º de ESO: Mi hermana vive sobre la repisa de la chimenea de Annabel Pitcher

Próxima reunión 1º ESO o 27 de febreiro

Próxima reunión 2º, 3º e de 4º ESO o 29 de febreiro

Deixar un comentario

Arquivado en Club de lectura LERIADOURO

Reunión do club de lectura común do mes de xaneiro

Con el agua al cuello

     de Petros Márkaris

No medio da crise, os recortes a funcionarios que ameazan á súa economía familiar e os esforzos da súa muller por axudar á súa filla e ao seu xenro, o comisario Jaritos terá que investigar a decapitación dun banqueiro xubilado. El está convencido de que se atopan ante un posible asasino en serie, pero as autoridades decántanse por un atentado terrorista, que podería estar relacionado cunha campaña anónima contra os bancos.

A investigación será complicada, polas diferentes liñas abertas e pola situación da sociedade grega que paralizou á cidade de Atenas con manifestacións, folgas e protestas. Con sinxeleza e naturalidade asistiremos á terrible realidade dunha sociedade que se desmorona.

A reunión será coma sempre na sede do Ateneo Valle-Inclán (bar Plaza), o xoves 26 de xaneiro ás 20:30 horas

Deixar un comentario

Arquivado en Club de lectura